miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alumnos e alumnas do IES de Ames participaron no proxecto de interpretación ambiental Rego dos Pasos

Alumnos e alumnas do IES de Ames participaron no proxecto de interpretación ambiental Rego dos Pasos
Alumnos e alumnas do IES de Ames participaron no proxecto de interpretación ambiental Rego dos Pasos

O proxecto estivo coordinado polas Concellarías de Mocidade e de Medio Ambiente do Concello de Ames, así como polas profesoras Renata Otero e Roberto Amarelle do IES de Bertamiráns

O pasado luns, 4 de xuño, rematou o proxecto educativo de interpretación ambiental do Rego dos Pasos no que participaron medio cento de alumnas e alumnos do IES de Ames.

O proxecto de interpretación ambiental do Rego dos Pasos foi unha proposta conxunta das Concellarías de Mocidade e Medio Ambiente do Concello de Ames, posta en marcha en colaboración co profesorado do IES de Ames. O obxectivo desta iniciativa foi involucrar desde diferentes ámbitos e materias ao alumnado do centro na realización de actividades de interpretación ambiental levadas a cabo dun xeito científico, lúdico e creativo, de maneira que as mozas e mozos puxeran en valor os diferentes espazos naturais do seu concello. A iniciativa foi concibida despois da inauguración dunha pequena senda pola marxe dereita do Rego dos Pasos, concretamente entre Bertamiráns e Pousada.

Este luns fíxose un acto público no que participaron a concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, a concelleira de Participación e Atención Veciñal, Isabel González, a directora do IES de Ames, Marisol Louro, os profesores coordinadores desta iniciativa, Renata Otero e Roberto Amarelle, así como as técnicas de mocidade e medio ambiente, outras persoas do equipo directivo e do profesorado do instituto. Deste xeito, os rapaces e rapazas, así como os profesores coordinadores da actividade, puideron explicar en que consistiu o proxecto. Por parte do goberno municipal mostraron a vontade de que esta iniciativa se repita durante o próximo curso.

Comentarios
Lo más