miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Boqueixón celebra este venres a II Festa de Fin de Curso das Actividades Deportivas

O Concello de Boqueixón celebra este venres a II Festa de Fin de Curso das Actividades Deportivas
O Concello de Boqueixón celebra este venres a II Festa de Fin de Curso das Actividades Deportivas

Haberá exhibicións, dúas master classes para adultos de pilates e zumba, inchables, xogos, exposición de manualidades e unha gran festa da espuma final

As instalacións do Forte acollerán este venres 8 de xuño entre as 15.30 e as 21.00 horas a II Festa Fin de Curso das Actividades Deportivas. Esta cita, organizada polo Concello de Boqueixón en colaboración coa APA do CPIP Antonio Orza Couto e a Escola de Fútbol de Boqueixón, ofrecerá todo tipo de actividades para adultos e cativada.

A celebración contará con inchables, xogos, campionatos de xadrez, fútbol 3x3, merenda para os/as participantes e unha gran festa da espuma final. Ademais, de 16.00 a 18.00 horas ofrecerase unha completa exposición das creacións dos alumnos do curso de manualidades, ademais de actividades de Voleibol, Fútbol e Psicomotricidade.

A media tarde comezarán as exhibicións das distintas escolas deportivas, coa seguinte orde de actuación:

18.10 horas: Judo

18.30 horas: Ximnasia Rítmica

18.45 horas: Patinaxe

19.00 horas: Zumba Kids

Para os adultos, ofreceranse dúas master classes. A primeira delas terá lugar ás 20.00 horas e centrarase en Pilates, mentras que a segunda, de Zumba, dará comezo ás 20.45 horas.

Dende o Concello animan á veciñanza a acudir a esta cita na que poderán coñecer de preto todo o traballo que se desenvolve nas Escolas Deportivas municipais, da APA e da EF Boqueixón. A entrada é totalmente gratuíta.

Comentarios
Lo más