jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os Grupos Municipais Populares de Santiago, Lugo e Oviedo reúnense para deseñar medidas que fomenten o Camiño Primitivo de cara o Xacobeo 2021

Os Grupos Municipais Populares de Santiago, Lugo e Oviedo reúnense para deseñar medidas que fomenten o Camiño Primitivo de cara o Xacobeo 2021
Os Grupos Municipais Populares de Santiago, Lugo e Oviedo reúnense para deseñar medidas que fomenten o Camiño Primitivo de cara o Xacobeo 2021

Para Agustín Hernández “as rutas xacobeas conforman un grande valor turístico e económico para toda Galicia e o Norte de España, pero, sobre todo, para as vilas polas que transcorren”

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Santiago, Agustín Hernández, participou onte en Lugo, xunto cos portavoces de Lugo Antonio Ameijide e o de Oviedo, Agustín Iglesias, co fin de consensuar distintas medidas para poñer en valor uns dos Camiños de Santiago menos coñecidos polos visitantes, a vía Primitiva.

Para Agustín Hernández “as rutas xacobeas conforman un grande valor turístico e económico para toda Galicia e o Norte de España, pero, sobre todo, para as vilas polas que transcorren, que ademais de verse favorecidas no aspecto comercial tamén se converten en centros culturais de referencia”.

Os dirixentes populares buscan poder promocionar o Camiño de Santiago desde tres direccións: a mellora da imaxe do camiño primitivo, a captación de peregrinos e a súa promoción.

Uns dos resultados deste encontro foi a creación dun documento que podería servir de base para impulsar accións pensadas para proxectar a imaxe e a presenza destas vilas no mundo, como o deseño dunha credencial propia que sirva de atractivo para os peregrinos que fagan o Camiño desde Oviedo.

Os populares tamén reclaman que se deseñe un diploma tipo a Compostela, Muxiana ou Fisterrana para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo e pasan pola cidade de Lugo. Os populares solicitan unha terceira acción moi sinxela que é a de utilizar un selo propio cun deseño ligado á ruta xacobea.

Agustín Hernández destacou que a “colaboración institucional é imprescindible para afrontar o Xacobeo 2021 en distintas vertentes, a primeira coa Xunta e, a segunda con cidades como Oviedo ou Lugo, para multiplicar esforzos que aporten ideas que acheguen máis xente ao camiño, algo que, se ningunha dúbida, aportará melloras coa organización de eventos, adecentamento e sinalización da ruta ao seu paso polo municipio así como a colaboración con particulares ou emprendedores que están ao pé do Camiño”.

Os populares indicaron que “temos tres anos por diante para por en marcha unha serie de medidas e para que, dende a administración local, se tome o control e se lideren actuacións que favorezan a súa proxección”.

Os tres voceiro do PP fixeron unha etapa simbólica do Camiño Primitivo con compañeiros dos Grupos Municipais do Partido Popular de Santiago, Lugo e Oviedo, durante a que subliñaron a gran importancia de que estas cidades segan avanzando cara á celebración do Xacobeo 2021.

A xornada interrexional que se desenvolveu hoxe en Lugo consistiu no percorrido do tramo urbano do Camiño. A camiñata comezou ás 11.00 horas na ponte da Chanca onde os participantes puideron achegarse ao albergue que hai nesta zona. Logo os peregrinos selaron a credencial na igrexa de Santiago de A Nova e a Catedral. A visita ao centro de interpretación e tamén a muralla rematou o programa matinal. Á tarde o grupo de peregrinos fixo a visita polos tellados da catedral e unha reunión de traballo pechou esta xornada”.

Comentarios
Lo más