miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames adhírese ao programa Xantar na Casa

Ames adhírese ao programa Xantar na Casa
Ames adhírese ao programa Xantar na Casa

O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, formalizaron nunha xuntanza co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a incorporación do Concello de Ames ao programa “Xantar na Casa”

O programa “Xantar na Casa” basease na entrega de menús preparados para toda a semana a persoas con déficit de autonomía, maiores, dependentes ou persoas en situación ou en risco de exclusión, que non poden cubrir as súas necesidades básicas por si mesmas. Coa adhesión de Ames son xa 168 os Concellos que forman parte desta iniciativa, da que se benefician unha media de 1300 persoas. O programa “Xantar na Casa” trátase dun servizo cofinanciado pola administración e as persoas beneficiarias, no que a Xunta de Galicia sufraga aproximadamente o 50% do importe de cada menú, outro 25% o paga o Concello e o 25% restante o usuario ou usuaria.

Con este servizo refórzase a atención ás persoas maiores que manifestan a súa preferencia por permanecer nos seus domicilios ou contornas familiares. O Servizo de Axuda no Fogar (SAF), de maior antigüidade, é un bo exemplo desta política. Cómpre destacar que no concello de Ames, nos últimos tres exercicios incrementáronse os recursos económicos destinados á potenciación do SAF cun incremento do 62,5%, o que equivaleu a poñer a disposición do ente local case 17.000 horas máis dunha prestación que arestora rexistra nesta localidade unha ratio de atención de aproximadamente o 90%.

“O programa ‘Xantar na casa’ como complemento do Servizo de Axuda no Fogar posibilitará a diferentes usuarios do noso Concello levar unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada as súas necesidades básicas. Con este recurso facilitaremos que persoas maiores, dependentes ou que estean en situación de risco de exclusión poidan seguir mantendo a súa autonomía. Este programa proporcionaralles polo tanto unha alimentación de calidade e nutritiva, evitará que leven unha dieta inadecuada, previndo situacións de risco que se poidan producir na cociña ou incluso facilitando un respiro ás familias e ás persoas coidadoras, contribuíndo ao impulso de medidas de conciliación da vida familiar e laboral, sobre todo das mulleres”, apuntou a concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijóo.

Comentarios
Lo más