miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Compos volta ao cole

O Compos volta ao cole
O Compos volta ao cole

David Uña, xogador do primeiro equipo da SD Compostela e adestrador do conxunto benxamín, e Javier Puñal, director de marketing do club, visitaron esta mañá aos nenos e nenas do Colexio San Jorge de Santiago

David Uña, xogador do primeiro equipo da SD Compostela e adestrador do conxunto benxamín, e Javier Puñal, director de marketing do club, visitaron esta mañá aos nenos e nenas do Colexio San Jorge de Santiago. Os dous representantes da SD Compostela tiveron unha charla cos pequenos, respostaron as súas dúbidas e fixeron entrega de invitacións, para o partido deste domingo ás 20.00 horas en San Lázaro entre o Compos e o Terrassa FC, a todos aqueles rapaces e rapazas que así o desexaron.

Por outra banda, o club habilitou outro punto de venta para as entradas para o partido do domingo. Dende esta mañá, o Café Bar París, na Rúa dos Bautizados 11, conta con billetes para este encontro.

Súmase a lista da que xa formaban parte: Abrente, A Nave de Vidán, Cafetería Rosaleda, Cafetería Santa Isabel, Restaurante Paz Nogueira, Viñoteca Ventosela, e as tres Bodeguillas: San Lázaro, Santa Marta e San Roque.

Todos estes establecementos venden entradas so para preferencia. Para tribuna, os interesados deben pasarse polas oficinas do club.

Comentarios
Lo más