jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Milladoiro asinará exemplares do seu último disco

Milladoiro asinará exemplares do seu último disco
Milladoiro asinará exemplares do seu último disco

A cita será este mércores, día 6, na planta baixa de 19:00 a 20:00 horas

Milladoiro asinará exemplares do seu último traballo Atlántico en El Corte Inglés de Santiago. A cita será este mércores, día 6, na planta baixa de 19:00 a 20:00 horas.

Atlántico con este último traballo, Milladoiro invítanos a viaxar alén de nós, no mar da memoria e do tempo, o mar da saudade, esa luz diferente que marabilla o mundo e fala de nós dende as barandas derradeiras.

O Milladoiro de sempre e, ao mesmo tempo, un Milladoiro renovado, permanentemente renovado, consonte quen sabe que a identidade, que se constrúe con afouteza, intelixencia, talento e traballo, moito traballo, debe ser algo a revisar constantemente, revisitar deberíamos dicir, para que, como os vellos licores, decante e dea as mellores esencias.

Sinfonía en doce tempos. Os antigos dicían que o Mar Maior empezaba fóra de puntas, alén dos freus e das illas, o Mar Antigo, horizontes abertos para respirar, mais tamén para afrontar o risco e a aventura, o camiño, que no noso caso é o roteiro do sol, dende as brañas mariñás a Terranova, dende Ortegal ao Támeses e o Gran Sol, o Mar Céltico, co gaiteiro na ponte do navío e as gaivotas a sinalar o rumbo, coma aquel Xoán de Boimorto na nau de don Bartolomeu, nos días da Gran Descuberta.


Comentarios
Lo más