miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito da xornada do "Goza do Ulla" en Boqueixón con preto de 70 participantes

Éxito da xornada do "Goza do Ulla" en Boqueixón con preto de 70 participantes
Éxito da xornada do "Goza do Ulla" en Boqueixón con preto de 70 participantes

O percorrido realizouse polo Roteiro dos Pescadores e Río Grande

Preto de 70 persoas participaron o pasado sábado pola mañá na xornada do programa Goza do Ulla celebrada no Concello de Boqueixón. A iniciativa rexistrou un grande éxito de acollida por parte do público que descubriu parte do amplo patrimonio natural, cultural e histórico do municipio boqueixanés. O percorrido deu comezo en Ponte Ledesma, unha parroquia que conta cun importante núcleo etnográfico, composto pola Ponte romana, as Ínsuas de Gres e a Igrexa Divino Salvador. 

Dende este punto iniciouse o roteiro dos Pescadores que levou aos participantes por un tramo da Rede Natura 2000, espazo natural protexido. Durante aproximadamente dúas horas –completando un percorrido de case 10 quilómetros- os asistentes puideron visitar varios muíños restaurados a pé de roteiro, ademais de fermosos saltos de auga coma as fervenzas de Donas e a de San Paio, en Codeso. 

Precisamente esta última parroquia foi o punto de finalización do percorrido do Goza do Ulla. Sobre o programa Goza do Ulla O programa Goza do Ulla comezou no ano 2011 coa participación de cinco concellos e desde entón a iniciativa medrou ata contar neste 2018 cun total de 20 municipios de tres provincias polos que discorre este río. 

Estes son A Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía. A primeira das actividades dará comezo no concello de Monterroso o sábado 26 de maio. Desenvolverase en diversas fins de semana rematando o día 28 de outubro.

Comentarios
Lo más