miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preocupación polo despido do personal das novas empresas concesionarias

Preocupación polo despido do personal das novas empresas concesionarias
Preocupación polo despido do personal das novas empresas concesionarias

“Adoptan medidas moi drásticas contra os cadros de persoal que prestaban ese traballo”, advirte

O portavoz nacionalista no Pazo de Raxoi, Rubén Cela, expresou a preocupación dos servizos que se manteñen sen contrato no Concello de Santiago e polo inicio das novas adxudicatarias, que xa anunciaron o despedimento de persoal.

Explicou que á listaxe dos servizos municipais sen contrato, sumouse onte o da limpeza do propio Concello de Santiago. “Non será por falta de tempo para preparar os pregos e por falta de avisos, mais vese que ao Goberno municipal de Compostela Aberta a Lei de Contratos do Sector Público lle preocupa pouco”, explicou. Nas últimas semanas quedou tamén sen contrato o servizo de limpeza e conserxaría dos colexios públicos de Santiago de Compostela.

Citou, entre outros, a xardinería do parque de Salgueiriños que leva dende marzo sen contrato, a Granxa do Xesto está sen licitar, os autobuses urbanos levan máis dun ano sen contrato, a ORA e o guindastre co novo adiamento da municipalización segue sen contrato pese estar anulado por sentenza xudicial, o caso das pistas de pádel, a Escola Municipal de Música, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, o Matadoiro municipal e os mupis.

Para Rubén Cela, tamén é preocupante que entre os servizos que regularizan a súa situación se atopen “empresas concesionarias que adoptan medidas moi drásticas contra os cadros de persoal que prestaban ese traballo”.

Deste xeito, a empresa Lacera adxudicataria do servizo de conserxaría e pavillóns públicos municipais onde acaban de comunicarlle o despedimento a un traballador e dúas traballadoras. Ademais, “temos indicios de que a actual concesionaria dos centros socioculturais de Santiago, Ferrovial -despois de que Compostela Aberta mantivese sen contrato, por máis de 1 millón de euros anuais e durante 2 anos- vai despedir varios traballadores e traballadoras”.

Advertiu tamén Rubén Cela da “distinta preocupación” que expresa o Goberno municipal “en función dos servizos e persoal adscrito de que se trate, pois si que se preocupan polos traballadores da ORA e da Escola Municipal de Música, mais non se aprecia o mesmo polos dos centros socioculturais ou os pavillóns deportivos”.




Comentarios
Lo más