A historia da moda en tres épocas na USC
O prazo de inscrición rematará o próximo 15 de xuño
A Universidade de Verán 2018 ofrece o cursos titulado Efémero sobre a historia da moda dende unha perspectiva académica. Estas xornadas celebraranse entre os días 25 e 28 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia. A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.
O programa, dirixido por Dolores Barral Rivadulla e Mónica Rey Cabezudo, busca dar a coñecer a historia da moda dende unha perspectiva académica, polo que os asistentes adquirirán coñecementos básicos sobre moda medieval, moderna e contemporánea. Outro dos obxectivos do curso é establecer unha relación entre a moda e a arte, ademas de mellorar a compresión da industria textil actual, os novos deseñadores, tendencias e estudios, así como o comisariado deste tipo de obras nos seus museos.
O curso analizará a relación entre o feminismo e o mundo da moda, a influencia dos ballets rusos na moda do século XX e a vestimenta feminina na época dos Austrias, entre outros temas. En relación ao contexto acutal, o programa tamén presentará a moda dende a perspectiva do xornalismo actual e o mundo blogger, así como o deseño dunha actividade extraordinaria a través do traxe do superheroe e a moda no cina a través do caso de Star Wars.