miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Touro acolle o próximo domingo 3 de xuño a IX Ruta Río Ulla en BTT

Touro acolle o próximo domingo 3 de xuño a IX Ruta Río Ulla en BTT
Touro acolle o próximo domingo 3 de xuño a IX Ruta Río Ulla en BTT

Os participantes percorrerán 30 quilómetros por plena natureza e acompañando en boa parte do percorrido o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro

Os afeccionados ao ciclismo na natureza teñen unha cita na IX Ruta Río Ulla en BTT, que terá lugar o próximo domingo, 3 de xuño, a partir das 9.30 horas. A esa hora está previsto o inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e que organiza o propio Concello. 

Os participantes percorrerán 30 quilómetros por plena natureza e acompañando en boa parte do percorrido o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro.

A ruta, xa consolidada no calendario de probas de BTT, ten unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. 


Tras a proba sortearase un fin de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Apartamentos Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).

Comentarios
Lo más