Instan a Xunta que arranxe as deficiencias do CEIP Castelao de Ordes
Estas iniciativas preséntanse despois de que o pleno municipal de Ordes apróbase por unanimidade unha moción socialista sobre o tema
O PSOE de Ordes promoveu a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a reparar o ximnasio do Colexio de Educación Infantil e Primaria Castelao, situado no barrio do Paraíso. O inmoble presenta problemas de humidades e de illamento que deixa impracticable a súa superficie, impedindo a súa utilización con demasiada frecuencia.
O portavoz municipal do PSOE, Alejandro Manteiga, a parlamentaria Begoña Rodríguez Rumbo e a secretaria xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Elvira Rodríguez, presentaron as preguntas orais dirixadas á comisión de Educación e ao pleno do Parlamento, a pregunta por escrito e a proposición non de leu na que se empraza á Xunta de Galicia a que aproveite as vacacións escolares do verán para acometer as obras necesarias que garantan a utilización en condiciós dignas das instalacións deportivas adscritas ao colexio.
Estas iniciativas preséntanse despois de que o pleno municipal de Ordes apróbase por unanimidade unha moción socialista sobre o tema. O concelleiro Alejandro Manteiga afirma que "o propio alcalde recoñeceu os problemas que presenta o pavillón, pero non vemos que a Xunta tome ningunha medida para iniciar as obras". "O que queremos é que Educación non deixe pasar o verán e que axilice os prazos para despois non interferir na actividae lectiva". Begoña Rodríguez agarda que a xunta se posicione canto antes e que tome nota de petición unánime do Concello promovida polo PSdeG-PSOE