miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As exportacións galegas amosan un crecemento dun 9,4% internanual

As exportacións galegas amosan un crecemento dun 9,4% internanual
As exportacións galegas amosan un crecemento dun 9,4% internanual

A taxa está por encima da que alcanzou a exportación española, o que incrementou a aportación de Galicia, onde xa representa máis do 8%

Segundo os datos publicados no Informe Mensual de Comercio Exterior de Galicia que elabora a Dirección Territorial do Comercio e ICEX en Galicia, durante o primer trimestre do ano 2018 as exportacións galegas, por valor de 5.967 millóns de euros, mantiveron un ritmo de crecemento moi alto, do 9,39% respecto ao primeiro trimestre do ano anterior. Este incremento é moi superior ao que marcou a exportación española, 1,84% polo que Galicia segue aumentando a súa exportación nacional, situándose más alá do 8%.

Pola súa parte, as importacións galegas, por valor de 4.398 millóns de euros no trimestre analizado, mantiveron unha tasa decrecente interanucla do 3,67%.

Así, o superávit comercial de Galicia co estranxeiro contabilizou un superávit por valor de 1.299 millóns de euros, situándose a taxa de cobertura no 129,53%, e sitúa á comunidade galega no segundo posto entre as comunidades autónomas con máis superávit comercial.

Os sectores económicos con maior peso na exportación galega foron manufacturas de consumo, automóbiles, bens de equipo, semimanufacturas e alimentación.

No conxunto, estes cinco sectores superan o 88% das exportacións galegas; ademais, seguen aumentando a forte ritmo, especialmente as manufacturas da confección textil, cunha taxa de crecemento interanual de casi o 18% no primeiro trimestre do 2018.

NA COMUNIDADE

En consonacia coa estrutura sectorial do comercio exterior de Galicia, a análise provincial presenta alta concentración nas provincias de A Coruña e Pontevedra.

A Coruña xenerou o 50,28% y Pontevedra no 43,46%, mentras que Ourense e Lugo contribuíron co 3,62% e 2,63%, respectivamente. Unha vez máis, hai que descatar o peso crecente de A Coruña e Pontevedra no conxunto da exportación española, onde se sitúan respectivamente como a cuarta e sétima provincia con maior incidencia. Así, A Coruña sitúase detrás de Barcelona, Madrid e Valencia, e Pontevedra tamén lixeiramente por detrás de Bizkaia e Murcia

Comentarios
Lo más