miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A resolución de dificultades na demencia centrará a charla deste xoves de apoio ás persoas coidadoras

A resolución de dificultades na demencia centrará a charla deste xoves de apoio ás persoas coidadoras
A resolución de dificultades na demencia centrará a charla deste xoves de apoio ás persoas coidadoras

A conferencia será impartida pola neuropsicóloga e directora do Centro de Día de Santiago de Compostela, María Lueiro, quen adaptará os contidos ao perfil de usuarias e usuarios do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Ames

A charla “Resolver dificultades na demencia” busca ofrecer ás persoas asistentes unha serie de ferramentas que as axuden a lidar con diferentes tipos de situacións, as cales se poden producir debido á existencia de problemas de conduta, dunha mobilidade reducida ou por causa da aparición de transtornos do sono, entre outros. É evidente que cando no seo familiar hai unha persoa con demencia, os obstáculos aumentan considerablemente. Por este motivo, este novo ciclo de charlas quere dar apoio ás persoas coidadoras, formándoas e ofrecéndolle variados mecanismos cos que facer fronte ás dificultades que acarrean a enfermidade ou a vellez.

A conferencia será impartida pola neuropsicóloga e directora do Centro de Día de Santiago de Compostela, María Lueiro, quen adaptará os contidos ao perfil de usuarias e usuarios do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Ames. A charla quere ser, así mesmo, un espazo de encontro entre persoas formadas neste eido e persoas que non o están, mais que teñen que responsabilizarse do coidado de familiares con demencia.

O pasado luns, a charla realizouse na Casa da Cultura do Milladoiro. Este xoves, 31 de maio, a conferencia terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 19:00 horas. Dentro deste programa impartiranse outras charlas ao longo do ano, que serán de interese para coidadoras e coidadores de persoas dependentes, así como para persoas que teñan algún tipo de dependencia. 

Comentarios
Lo más