miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O CPEIG reúne a expertos en ciberseguridade de Google, Microsoft e Symantec na EGAP de Santiago

O CPEIG reúne a expertos en ciberseguridade de Google, Microsoft e Symantec na EGAP de Santiago
O CPEIG reúne a expertos en ciberseguridade de Google, Microsoft e Symantec na EGAP de Santiago

A xornada analizará a necesidade de establecer un enfoque multidisciplinar para combater o aumento dos ciberataques en España motivados por cuestións económicos e políticas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza este xoves, 31 de maio, a “III Xornada de Ciberseguridade en Galicia”, co patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca, Symantec, Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e Campus Innova (UDC).

Un amplo elenco de expertos en ciberseguridade daranse cita en Santiago de Compostela nesta xornada que se celebrará en horario de mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Con esta actividade, o CPEIG porá a comunidade galega á vangarda da seguridade e a privacidade, principais preocupacións actuais do empresariado, Administracións Públicas e particulares.

120.000 ciberataques en España en 2017 

O crecemento dos ataques por internet en España incrementáronse nun 140% en só dous anos, situándose en 2017 en máis de 120.000 incidentes rexistrados, segundo datos do Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (Incibe). Estas cifras chaman a atención se se ten en conta que en 2014 situáronse en 18.000 ciberataques.

“Os atacantes informáticos profesionalizáronse e os expertos alertan de que a súa motivación xa non é técnica nin intelectual, senón económica e política. Trátase dun risco global que pode ter gravísimas consecuencias para a economía ou a seguridade da cidadanía” –alerta o CPEIG–. Non se trata só dun dano virtual, senón físico, en coches, dispositivos médicos, fábricas, redes eléctricas ou de comunicacións, entre outros.

En opinión do CPEIG, a resposta vai máis alá da tecnoloxía e require un enfoque multidisciplinar e unha estreita colaboración de gobernos e empresas que cómpre reforzar. E este tipo de xornadas, como a convocada mañá polo CPEIG, fortalecen este enfoque máis amplo. A xornada, que comezará ás 10:00 horas no salón de actos da EGAP, será inaugurada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez; o director de Prevención de Pérdida, Continuidade e Seguridade de ABANCA, Roberto Baratta; o director asociado de EMETEL, Camilo Lobato; e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia, Mar Pereira.

A continuación, celebrarase unha mesa redonda sobre AAPP, moderada por Roberto Baratta, cos seguintes expertos: o director Xeral de INCIBE, Alberto Hernández Moreno; o delegado de Protección de Datos do Consejo General de la Abogacía Española, José Luis Piñar; e o xefe de Ciberseguridade do Centro Criptológico Nacional (CCN), Javier Candau.

Despois dun descanso, celebrarase outra mesa redonda centrada nas empresas e moderada polo director de Transformación dixital e Seguridade de Emetel, Rafael Ave, e na que intervirán o Global Security & Compliance Strategist de Google Cloud at Google Inc., Julien Blánchez; o Security Technical lead de Microsoft, Fernando Rubio; o Strategist & Evangelist na oficina do CTO en Symantec, Ramsés Gallego; e o cofundador e coorganizador do evento RootedCON Román Ramírez.

O peche da xornada está previsto ás 14:10 horas coa intervención de Fernando Suárez e Roberto Baratta.

Comentarios
Lo más