miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea forzará ao presidente Núñez Feijóo a explicar a grave situación de corrupción que afecta ao seu partido despois da negativa do PP á súa comparecencia

En Marea forzará ao presidente Núñez Feijóo a explicar a grave situación de corrupción que afecta ao seu partido despois da negativa do PP á súa comparecencia
En Marea forzará ao presidente Núñez Feijóo a explicar a grave situación de corrupción que afecta ao seu partido despois da negativa do PP á súa comparecencia

O vicevoceiro de En Marea lembrou que "Núñez Feijóo leva desde os anos 90 ostentando responsabilidades en altos cargos do PP polo que está obrigado a dar explicacións"

En Marea forzará ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a dar explicacións sobre a grave situación de corrupción que afecta ao seu partido despois da sentenza que confirma que o “PP está podre de corrupción desde hai anos”. O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, denunciou "a nula vontade de rexeneración democrática do PP que quedou demostrada na xunta de voceiros celebrada esta mañá no Parlamento de Galicia na que o grupo do PP empregou a súa maioría para impedir a comparecencia do presidente da Xunta solicitada polos grupos da oposición". “O PP négase a dar explicacións aos galegos e galegas” denunciou Sánchez o que “é indicativo da descomposición do PP, un partido que podrece e afunde pero non podemos permitir que afunda con el a todo un país".

O vicevoceiro de En Marea lembrou que "Núñez Feijóo leva desde os anos 90 ostentando responsabilidades en altos cargos do PP polo que está obrigado a dar explicacións" e por este motivo, o grupo de En Marea empregará todas as súas ferramentas para forzar que o presidente galego cumpra coa súa obriga. Así, a pregunta de En Marea na sesión de control irá orientada a saber se Feijóo continúa a manter como dixo o seu compromiso con Galicia despois de manifestar a súa fidelidade máxima a Rajoy e ao PP en contra incluso do interese xeral. “Feijóo dixo que nunca sería Xudas pero hai que lembrar que estamos a falar dunha personaxe bíblica que aparece como o tesoureiro que quedaba co diñeiro dos pobres así que ese papel tal vez tocaríalle a Bárcenas ou a todos os tesoureiros que desde o nacemento do PP administraron a caixa B do partido” chanceou Antón Sánchez. “Non estamos ante un problema de traizón senón de decencia democrática. Feijóo está a colocar ao PP por riba de calquera circunstancia, incluso de Galicia” asegurou o vicevoceiro de En Marea.

"Ante o silencio imposto polo PP e a falla de empatía coa rexeneración democrática", o grupo de En Marea centrará a súa intervención no vindeiro pleno en esixir explicación asi como medidas de rexeneración e accións para garantir a independencia xudicial.

Sánchez salientou novamente o apoio do seu grupo á moción de censura presentada polo PSOE en Madrid xa que “non pode haber un goberno dirixido por un partido condenado por corrupción onde a credibilidade do propio presidente acaba de ser posta en dúbida nunha sentenza da Audiencia Nacional”. “Precisamos un Goberno de cambio, a favor dos dereitos e das liberdades das persoas” destacou.

Outro dos temas que En Marea levará ao pleno da Cámara será "a estafa das caixas co obxectivo de forzar á Feijóo a que dea conta sobre as súas mentiras ao respecto deste proceso que dilapidou o sistema financeiro galego". Tamén preguntarán polos retrasos das valoracións da lei de dependencia que se está a facer de xeito deliberado para cumprir cos obxectivos do déficit ademais de presentar unha iniciativa orientada á conservación do patrimonio no Camiño de Santiago.

Comentarios
Lo más