El Grupo Municipal Popular lamenta la falta de rigor del Gobierno de Martiño Noriega en la contratación de los fuegos del Apóstol
Para el Grupo Municipal Popular, el Gobierno de Compostela Aberta muestra "unha vez máis, que non lle interesan os símbolos da nosa cidade"
El Grupo Municipal Popular lamenta "a nova demostración de desleixo no seo do Goberno de Martiño Noriega, neste caso, os protagonistas son os fogos do Apóstolo, cuxa contratación está a ser un exemplo de falta de rigor". "Desde o día 16 de maio que se colgou na plataforma de contratación os plegos para este concurso, nada máis se soubo ata o día 21 que saíu unha pequena nota de prensa", afirman.
"O alcalde Martiño Noriega decidiu que nada hai que facer en aras de transparencia e da eficacia, polo que se come a publicación dun anuncio oficial nalgún dos xornais de importante tirada na nosa cidade, tal é como se fai para cando se quere acadar a maior publicidade posible".
El Grupo Municipal Popular cree que "el responsable de Compostela Aberta debería coñecer que a difusión evita que volva a pasar algo como no caso da Escola Municipal de Música, onde só se rpesentou unha empresa que, finalmente, non cumpría cos requisitos necesarios para levar a cabo a función para a que estaba destinada".
Para el Grupo Municipal Popular "o Goberno de Compostela Aberta amosa, unha vez maís, que non lle interesan os símbolos da nosa cidade e, neste caso, cando se vexa que existen problemas pola escasa participación de empresas para levar a cabo os fogos do Apóstolo, será xa o 24 de xullo e nada se poderá facer para correxir a situación".
"Mañá, día 30 de maio, remata o prazo de presentación de empresas, esperamos que as propias interesadas estiveran vixilantes ao Boletin Oficial do Estado (BOE), xa que, polos anuncios do alcalde, difícil tiveron enterarse", afirman.