miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A cúpula de Ciudadanos de Santiago reúnese coa Asociación de Venezolanos de Santiago

A cúpula de Ciudadanos de Santiago reúnese coa Asociación de Venezolanos de Santiago
A cúpula de Ciudadanos de Santiago reúnese coa Asociación de Venezolanos de Santiago

Maria Vilas solicita ao Concello de Santiago que "reciba a esta asociación e coñeza a súa labor"

A formación política Ciudadanos en Compostela mantivo unha xuntabza con Javier Salas y Thais Hernández, presidente e secretaria de AVESANTI (Asociación de Venezolanos en Santiago). Unha asociación, fundada no ano 2007 e que ten como principal obxectivo axudar á integración dos venezolanos en Santiago de Compostela e comarca.

Neste encontro, profundizouse na situación actual que atravesan os venezolanos que chegan a terras galegas dándose a coñecer ademais o labor que realiza esta asociación. Principalemente unha labor de apoio e que lles sirva para poder adaptarse á realidade do noso país. "Tras o encontro fomos coñecedores da difícil situación que atravesan moitos retornados que ao chegar, atópanse necesitaos de orientación e asesoramento a nivel laboral, formación, pensións, atención sociosanitaria ou sobre as diferentes asistencias sociais", sinalou a coordinadora de Ciudadanos en Santiago, María Vilas.

Precisamente, Vilas quixo insitir en que "o Concello debe recibir a esta asociación e coñeza de primeira man o labor que realizan para sumar esforzos e axudar a todos os venezolanos que chegan e atópanse cunha situación difícil".

Comentarios
Lo más