miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 50 mulleres participaron nos obradoiros de empoderamento do rural

Preto de 50 mulleres participaron nos obradoiros de empoderamento do rural
Preto de 50 mulleres participaron nos obradoiros de empoderamento do rural

As parroquias de Busto, Lavacolla, Laraño, Aríns e Santa Cristina de Fecha acolleron durante os meses de marzo, abril e maio varias sesións do programa "Vida Propia"

As parroquias de Busto, Lavacolla, Laraño, Aríns e Santa Cristina de Fecha acolleron durante os meses de marzo, abril e maio varias sesións do programa "Vida Propia", posto en marcha en 2016 pola Concellaría de Igualdade en colaboración coa de Medio Rural para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

En total participaron preto de 50 mulleres, que levaron a cabo dinámicas grupais, de reflexión individual, expresión corporal (comunicación non verbal), xogos cooperativos, xogos musicais, estiramentos e traballo corporal e de relaxación que lles permitiu abordar o traballo dende diferentes ámbitos (intelectual, emocional e corporal) para potenciar o desenvolvemento integral de cada muller. O obxectivo desta actividade era rachar cos estereotipos de xénero, que se observan moito máis nas parroquias que na zona urbana, e crear un espazo de convivencia e intercambio de experiencias entre as mulleres de diferentes parroquias.

A metodoloxía que se utilizou para impartir as sesións foi práctica, participativa e adaptada á realidade concreta das mulleres do municipio. O enfoque de xénero de cada sesión determinou que cada grupo de mulleres fose protagonista dos seus propios procesos de aprendizaxe, polo que foi importante a súa implicación e participación activa, respectando sempre e marcando cada quen o seu ritmo persoal no traballo realizado. A partir dos coñecementos, vivencias e actitudes previas procurouse unha aprendizaxe útil, significativa e construtiva.

Co desenvolvemento destes obradoiros creouse conciencia na sociedade sobre as situación de desigualdade e discriminación das mulleres, facilitándolles estas ferramentas para o empoderamento individual (a través das diferentes dinámicas de traballo) e tamén o empoderamento colectivo (fomentando a creación de redes e a participación social).

Diagnose previa

No ano 2015, a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago elaborou un informe-diagnóstico participativo sobre a realidade e as condicións de vida das mulleres compostelás, no que se recollía que o rural compostelá, a pesar de ser un espazo amplo (demográfica e territorialmente), seguía a ser descoñecido para a poboación e a atención ás necesidades das mulleres rurais catalogábase como escasa.

Co obxectivo de mudar esta realidade, en marzo de 2016, as concellarías de Igualdade e de Medio Rural impulsaron o programa "Vida propia", que buscaba potenciar o empoderamento das mulleres do rural favorecendo o seu crecemento persoal, o seu benestar e a súa calidade de vida. Continuando coa liña de actuación emprendida nos últimos anos e, tendo en conta a demanda de darlle continuidade a este tipo de accións formativas, xurdiu en marzo este novo obradoiro, no marco do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. 

Comentarios
Lo más