miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O grupo socialista pide a Compostela Aberta unha memoria de actividades e da autoxestión da Casa do Matadoiro

O grupo socialista pide a Compostela Aberta unha memoria de actividades e da autoxestión da Casa do Matadoiro
O grupo socialista pide a Compostela Aberta unha memoria de actividades e da autoxestión da Casa do Matadoiro

O concelleiro lembrou en rolda de prensa que no último Consello de Relacións Veciñais, en decembro de 2017, o edil socialista Gonzalo Muíños xa preguntara pola elaboración dun convenio entre o Concello e as asociacións implicadas

O grupo municipal socialista rexistrará unha solicitude por escrito solicitando a Compostela Aberta unha memoria de actividades e de autoxestión da antiga Casa da Xuventude, agora denominada O Matadoiro. O voceiro socialista, Paco Reyes, asegurou que o seu grupo non se opón, a priori, ao modelo de autoxestiñon do espazo, máis "isto non ten que estar reñido con transparencia, control e rendición de contas". 

O concelleiro lembrou en rolda de prensa que no último Consello de Relacións Veciñais, en decembro de 2017, o edil socialista Gonzalo Muíños xa preguntara pola elaboración dun convenio entre o Concello e as asociacións implicadas -como así acontece noutros municipios- e entón Jorge Duarte dixera que dito convenio estaría redactado e asinado a principios deste ano.

Pasados cinco meses de 2018, e ante a ausencia de información, os socialistas solicitan por escrito unha memoria das actividades que se teñen feito, as asociacións que teñen a chave do edificio e as persoas autorizadas, os custes derivados do funcionamento do centro e como se pagan os gastos das iniciativas e do mantemento deste espazo. "Unha cousa é a autoxestión, que non nos parece mal, pero con transparencia, control e rendición de contas", afirmou Paco Reyes, que se referiu a La Ingobernable de Madrid como exemplo de transparencia. Así, amouso aos medios a memoria que fan con todas as actividades que fan ao longo do ano, así como informan de todos os gastos e a forma de xestión.

Comentarios
Lo más