miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Galicia é a segunda comunidade que rexistra máis accidentes laborais graves, que se incrementan nun 33%

Galicia é a segunda comunidade que rexistra máis accidentes laborais graves, que se incrementan nun 33%
Galicia é a segunda comunidade que rexistra máis accidentes laborais graves, que se incrementan nun 33%

No primeiro trimestre do ano só a provincia de A Coruña rexistra máis accidentes graves que comunidades como Euskadi, Aragón ou Castela-A Mancha

Para UGT-Galicia, resulta evidente que os anos de crise -que levaron a unha forte precarización do mercado laboral galego-, xunto coa imposición dunha Reforma laboral -que só trouxo precaridade e situou ao traballador na parte máis débil da balanza en relación ao empresario, incluso lle restou moitos dos instrumentos de loita que tiña ata o momento- están detrás desta realidade. 

Unha realidade que fai que UGT-Galicia se vexa obligada de alertar sobre uns datos moi negativo. No primeiro trimestre de 2018 un total de 6.649 persoas foron vítimas dun accidente laboral nesta comunidade, isto supuxo un incremento dun 3,53% en relación aos datos rexistrados hai un ano neste mesmo período. Deste total, 8 accidentes foron mortais, 117 graves e 6.524 tiveron a consideración de leves. 

Neste contexto, o Sindicato fai fincapé no forte incremento dos sinistros graves, que pasaron de 88 no primeiro trimestre de 2017 aos 117 deste ano. Isto supón un aumento dun 33%. Unha cifra moi preocupante que sitúa a Galicia como a segunda comunidade do Estado no relativo aos accidentes graves, só superada por Andalucía, e moi afastada de comunidades como Cantabria, con sete; o País Vasco, con 36; Aragón, con 19; Asturias, con 18; ou La Rioja, con sete.

Por exemplo, resulta moi significativo que só a provincia de A Coruña, con 45 sinistros graves nun só trimestre, rexistre máis accidentes que comunidades autónomas como Euskadi, Aragón ou Castela-A Mancha.

Unha análise por provincias indica que a sinistralidade medrou en todas, na Coruña, nun 2,62%; en Lugo, nun 4,57%; en Ourense, nun 6,95%; e en Pontevedra, nun 3,33%. Pero destaca o que sucedeu en Lugo onde, ademais de rexistrarse un forte incremento da sinistralidade en termos xerais, no caso da mortal pásase de non ter accidentes no primeiro trimestre de 2017 aos catro deste ano.

Por actividades económicas, destaca a industria manufactureira con 1.951 accidentes; seguida do comercio, venda e reparación de vehículos a motor, con 923 sinistros; a construción, con 815 accidentes; e as actividades sanitarias e de servizos sociais, que acumulan un total de 565 accidentes con baixa laboral no primeiro trimestre de 2018.

O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social tamén ofrece unha análise interanual igual de desoladora para o mercado laboral galego no eido da sinistralidade. 

De feito, a evolución da sinistralidade no período abril 2017- marzo 2018 indica que Galicia é a terceira comunidade do Estado en números absolutos en canto a accidentes graves (459) e a cuarta no relativo aos mortais (43). 

Facendo unha análise comparativa mediante o estudo do índice de incidencia (número de accidentes de traballo por cada 100.000 traballadores coas continxencias profesionais cubertas), que permite relacionar o número de ccidentes co número de traballadores afiliados, obsérvase que Galicia é a segunda comunidade do Estado con maior índice de incidencia de accidentes graves (56,7) -duplicando a media estatal-, só superada por Estremadura (61,9) e tamén a segunda con maior índice de incidencia de accidentes mortais (5,3), só superada por Cantabria (7,4).

Ademais, hai que denunciar que Galicia, xunto con Estremadura e a Comunidade Valenciana, son as únicas que no devandito período ven medrar o seu índice de incidencia total, respecto ao período anterior. De feito, no período abril 2017-marzo 2018, en relación a abril 2016-marzo 2018, no conxunto do Estado o índice de incidencia redúcese un 3,2%, mentres que en Galicia increméntase nun 2,7%.

Comentarios
Lo más