miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O obradoiro Tahume IV permitiu realizar unha vintena de actuacións de carpintería e conservación de montes en Ribeira e Porto do Son

O obradoiro Tahume IV permitiu realizar unha vintena de actuacións de carpintería e conservación de montes en Ribeira e Porto do Son
O obradoiro Tahume IV permitiu realizar unha vintena de actuacións de carpintería e conservación de montes en Ribeira e Porto do Son

Foron máis dunha vintena as actuacións realizadas en beneficio da sociedade de ambos concellos

Este mércores 30 de maio vai ter lugar o acto de clausura do obradoito de emprego Tahume IV (ás 13 horas no Centro de Interpretación de Porto do Son) poñendo así fin a unha iniciativa mixta de formación e traballo na que estiveron a participar durante nove meses 20 persoas nas especialidades de Traballos de Carpintería e Moble ou ben de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes. 

Froito desta escola taller que aglutinou aos municipios de Ribeira e Porto do Son, foron máis dunha vintena as actuacións realizadas en beneficio da sociedade de ambos concellos, das cales dúas aínda están en execución: a instalación dunha pasarela de madeira na praia de Coroso e a mellora da masa arbórea existente e creación doutras zonas desarboradas acorde a súa calidade de estación na parcela municipal de Valcunqueiro ubicada na parroquia de Goiáns.

Velaquí a listaxe completa de actuacións desempeñadas: 

- Traballos de carpintería e moble:

  • Realización e colocación de tres mesas con bancadas na área recreativa de Laxe de Gata (Ribeira).
  • Realización e colocación de tres mesas con bancadas na área recreativa de Olveira (Ribeira).
  • Realización e colocación de catro mesas con bancadas na área recreativa de Couso (Ribeira). 
  • Realización e colocación de dúas mesas con bancadas nas fincas municipais de Punta Coroso (Ribeira). 
  • Realización e colocación de catro mesas con bancadas no parque de A Corna (Ribeira). 
  • Realización e colocación de seis papeleiras no paseo de Coroso (Ribeira). 
  • Mantemento de mobiliario urbano existente no Concello de Ribeira: 
    • Mantemento do mobiliario urbano existente na área recreativa de Fontán. 
    • Mantemento do mobiliario urbano existente no paseo de Coroso. 
    • Mantemento das mesas con bancadas existentes nas fincas municipais de Punta Coroso. 
    • Mantemento das mesas con bancadas existentes na área recreativa de Olveira. 
    • Mantemento do mobiliario urbano existente na Praza do Centenario. 
    • Mantemento do mobiliario urbano existente na Praza de Pablo Neruda. 
    • Mantemento do mobiliario urbano existente na Praza do Concello. 
    • Mantemento do mobiliario urbano existente no Parque de Abesadas. 
    • Mantemento da caseta de madeira dos servicios de vixilancia de Ameixida. 

Comentarios
Lo más