miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"Facemos un chamamento á cidadanía para que apoie a un sector que é estratéxico na cidade"

"Facemos un chamamento á cidadanía para que apoie a un sector que é estratéxico na cidade"
"Facemos un chamamento á cidadanía para que apoie a un sector que é estratéxico na cidade"

Desde a Asociación Hostalaría Compostela tense convocado unha reunión aberta para tratar o tema da normativa de aforos onde "acudiron sectores amplos da cidade entre eles asociacións veciñais do Casco Histórico e Compostela Vella non asistiu"

Despois da polémica que recentemente saltou á opinión sobre o cambio na normativa de aforos e a celebración de espectáculos musicais nos locais de hostalaría de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela quere dar a coñecer as seguintes consideracións: 

- Unha inmensa parte da cidadanía non percibe que a actividade cultural e de ocio desenvolta nos locais de hostalaría sexa un problema.

- Santiago é una cidade segura e tranquila, os datos obxectivos así o demostran, e non hai tal problema de ruído que afecta ao dereito de descanso como nos quere facer ver unha minoría anecdótica, minoría, xa non da cidade, senón incluso do Casco Histórico.

- O sector sempre ten mostrado alta disposición para solucionar problemas que se poden ter dado de maneira puntual, con pedagoxía coa propia clientela e con campañas específicas como o Falando Bixiño que ultimamente se ten desenvolto. Manifestamos unha vez máis que de existir algunha cuestión puntual estamos dispostos a estudala con todos os axentes implicados para conseguir a harmonía entre a veciñanza. Nós tamén somos veciñanza que case parece que é un dereito adquirido por uns poucos.

Desde a Asociación Hostalaría Compostela tense convocado unha reunión aberta para tratar o tema da normativa de aforos onde "acudiron sectores amplos da cidade entre eles asociacións veciñais do Casco Histórico, mais curiosamente Compostela Vella non asistiu. Non temos claro que é o que pretenden. Son ataques á cidade, ao seu desenvolvemento e ao papel de vangarda que cremos debería de cumprir Santiago como capital de Galicia que é. Outras cidades da nosa contorna, con bastante máis poboación e máis concentrado o ocio da noite, non teñen os problemas que aquí existen. Cando menos é curioso. Miguel López, portavoz de Compostela Vella acompañado pola presidenta María Abelleira, caras visíbeis e únicas dunha Asociación que repetimos non representan á veciñanza do casco histórico, veñen de cuestionar abertamente o cambio da normativa municipal con respecto aos aforos e denunciado publicamente o convenio que o Concello mantiña cos locais para acelebración de concertos".

Dende a Asociación Hostelería Compostela afirman que "o cambio desta normativa foi froito dun intenso debate entre as partes implicadas nunha mesa de diálogo, que previamente á mesma o sector reuniuse con cada unha das forzas políticas con representación no concello. O 5 de outubro do 2016 celébrase a primeira reunión coa presenza de todos os grupos políticos e as asociacións da hostalaría de Santiago e foi na mesma onde se toma o acordo por consenso da nova normativa de aforos, estaban presentes as catro forzas políticas conrepresentación no Concello de Santiago: Compostela Aberta, PP, PSOE e BNG . Un apoio amplo e plural que agora algúns pretenden dinamitar". 

"Facemos un chamamento á cidadanía para que apoie a un sector que é estratéxico na cidade, que crea riqueza, dá postos de traballo e presta un servizo fundamental de cultura e ocio do que tanta xente desfruta, non só da cidade senón tamén da comarca e visitantes e turistas que buscan unha opción de ocio nas súas vacación e visitas a Santiago. Facemos un chamamento ao Concello para que estude os cambios necesarios na normativa municipal para adaptarse á legalidade vixente que é como queremos traballar", afirman. 

Comentarios
Lo más