miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Popular de Ames pide ao Tripartito información sobre “A Factoría”, outro dos “bluf” da propaganda tripartita

O Grupo Popular de Ames pide ao Tripartito información sobre “A Factoría”, outro dos “bluf” da propaganda tripartita
O Grupo Popular de Ames pide ao Tripartito información sobre “A Factoría”, outro dos “bluf” da propaganda tripartita

“A Factoría”, un espazo de locais de ensaio creado na antiga escola de Biduído, do que se descoñece se rexistra actividade musical, "foi obxecto de propaganda local en varias ocasións", denuncia o PP de Ames 

A finais do pasado mes de abril o Grupo Popular denunciaba o peche do inexistente Arquivo Histórico de Ames emprazado na capela do “Pazo da Peregrina”, en Bertamirans. Un edificio cun “enorme potencial”, segundo manifestación do propio David Santomil, no seu momento. "A pesar de que o Arquivo nunca funcionou como tal, e nunca albergou documentación algunha de Ames, nada disto foi obstáculo para que o Alcalde, acompañado do Edil de Educación e Cultura, inauguráseo no 2015 nun claro acto propagandístico, coa presenza de numerosos invitados", denuncia o Grupo Popular de Ames.

Hoxe, o Grupo Municipal Popular "volve poñer en evidencia outro episodio máis da política propagandística dun Tripartito que excede os límites do admisible", apunta.

Para denunciar tal situación, o PP de Ames tamén tira de hemeroteca. "Retrocedamos ao 6 de outubro de 2017. Ese día o Concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, acompañado da Concelleira de Mocidade, visitaba riseira a antiga escola de Biduído e anunciaba a creación de “A Factoría”, un espazo creativo multifuncional de locais de ensaio destinados principalmente a mozos, grupos emerxentes e asociacións xuvenís e culturais. “A Factoria”, iniciaba así a súa andaina na antiga escola de Biduído, unha vez realizadas as obras de acondicionamento ao longo dese mesmo mes de outubro e de novembro. As obras de acondicionamento consistían principalmente na renovación da instalación eléctrica e de fontanería, así como na colocación dun revestimento acústico en cada un dos dous locais de ensaios cos que inicialmente contaba “A Factoria”. Durante o tempo que durasen as obras de acondicionamento abriríase unha convocatoria específica para que as persoas, grupos ou asociacións interesadas puidesen solicitar a reserva do espazo", anticipa.

Así mesmo, o Grupo Municipal Popular engade que "o 15 de marzo de 2018, seis meses máis tarde da súa creación, o tripartito volve facer propaganda do mesmo e anuncia para abril de 2018 a inauguración de “A Factoría”, un novo espazo multifuncional de locais de ensaio situado na antiga escola de Biduído. E volve facer propaganda das mesmas obras. Ao longo destes meses, ou edificio non que se atopa A Factoría experimentou unha serie de obras de mellora, consistentes na renovación dá instalación eléctrica e dá fontanaría, así como na colocación dun revestimento acústico nos locais de ensaio, na reparación dás xanelas e na substitución dá porta de entrada dá escola, na planta alta. As obras, que tiveron un custo total de 4.500 euros. Ou novo espazo contará con dúas salas, de diferente tamaño, destinadas a aloxar ás distintas bandas e formacións musicais. Co obxectivo de facilitar ou bo funcionamento e coordinación deste servizo, ou Concello de Ames vén de pór en marcha un Censo de Artistas, non que vos grupos deberán estar inscritos para poder acceder aos servizos que se ofrecen nas novas instalacións”. "O novo acto de propaganda gobernamental, que non proporciona ningunha información sobre a convocatoria aberta en novembro de 2017 sobre a solicitude de reserva do os locais de ensaio, compleméntase coa noticia do recentemente creado “Censo de Artistas Musicais”, no que se deberán inscribir todos os interesados en utilizar os espazos que ofrece “A Factoría”, abríndose o mesmo 15 de marzo de 2018 o prazo para inscrición", subliña.

Por último, o PP de Ames califica de "bluf a propaganda tripartita sobre “A Factoría”, non existe información algunha sobre se dita instalación está a rexistrar actividade musical algunha. Todo parece indicar que se trata doutro “bluf” do Tripartito, ao igual co ocorrido co Arquivo Histórico Municipal emprazado na capela do Pazo dá Peregrina. É por iso polo que o Grupo Municipal Popular solicitou información sobre o numero de reservas de espazo realizadas na convocatoria de novembro de 2017; o número de inscritos no Censo de Artistas Musicais, así como o numero de inscritos no censo que están a facer uso dos locais de “A Factoría”.

Comentarios
Lo más