miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cerra o curso 2017/2018 das Escolas Culturais

Cerra o curso 2017/2018 das Escolas Culturais
Cerra o curso 2017/2018 das Escolas Culturais

Durante estas semanas se realizarán diferentes actividades para clausurar un novo curso para o alumnado

O curso 2017/2018 chega ao seu fin nas Escolas Culturais municipais de Teatro, Artes Plásticas e Baile. Ao longo da próxima semana realizaranse diferentes actividades para dar conta do traballo feito en ditas Escolas. Así, do 28 de maio ao 1 de xuño realizarase unha exposición dos traballos da Escola de Artes Plásticas na Casa da Cultura do Milladoiro.

Tamén rematan as actividades da Escola de Baile, que tivo un total de 31 usuarios. As actividades desta Escola rematan o luns 28 no Milladoiro e o mércores 30 en Bertamiráns. Os participantes nesta actividade coñeceron as diferentes músicas e aprenderon a bailar diferentes ritmos, salsa cubana, ritmos latinos, danza moderna e baile de salón entre outros, ata desenvolverse de forma correcta nunha pista de baile.

ESCOLA DE TEATRO

Por outra banda, na Escola de Teatro participaron un total de 70 persoas, entre nenos e adultos. A Escola de Teatro dispón de actividades de Teatro infantil e xogo dramático, para dous grupos diferentes de idades . Tamén existe un grupo para o grupo municipal e teatro. Nos grupos de teatro infantil e xogo dramático, nos que participaron 58 nenos, rematan as actividades o martes 29 en Bertamiráns e o mércores 30 no Milladoiro. Estes días terá lugar unha sesión aberta para pais e nais e público en xeral, onde os e as participantes amosarán, de maneira informal, exercicios realizados ao longo do curso.

Asemade, o grupo municipal de teatro de Ames estrea o venres, 1 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 21:00 horas, a obra “O velorio de Xan Outeiro”. A entrada será de balde.

Comentarios
Lo más