miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O párroco de Mesía alega contra o parque eólico no Ministerio de Medio Ambiernte respaldado con 1639 firmas

O párroco de Mesía alega contra o parque eólico no Ministerio de Medio Ambiernte respaldado con 1639 firmas
O párroco de Mesía alega contra o parque eólico no Ministerio de Medio Ambiernte respaldado con 1639 firmas

Don Gumersindo Campaña Ferrol rexistra a reclamación pedindo que se denegue definitivamente o proxecto de "A Pobra"

Don Gumersindo Campaña Ferrol, cura párroco das parroquias de Visantoña, Mesía e Filgueira de Traba, presentou este xoves pola mañá no rexistro da Coruña as súas alegacións ao Parque Eólico da Pobra, no trámite de Consultas Previas da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, no Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. O párroco rexistrou un escrito de 19 folios que conteñen 19 alegacións e que ademais leva adxuntas un total de 1.639 sinaturas de persoas que amosan a súa oposición á implantación de parques eólicos na comarca de Ordes así como de novas liñas de evacuación eléctrica na zona.

A pesar de que a empresa promotora do parque eólico, Green Capital Power SL, cuxa matriz está en Arabia Saudí, se comprometeu publicamente hai unhas semanas a renunciar ao proxecto, a Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na Comarca de Ordes considerou fundamental presentar alegacións, pois na información pública do Ministerio o chamado “Parque Eólico A Pobra de 52MW, Líneas a 30 KV, subestación eléctrica 30/220 KV y línea eléctrica a 220 KV para evacuación TT.MM Mesía, Cesuras y Abegondo (A Coruña)” continúa aparecendo en estado de Consultas Previas, reflexándose que este xoves era o último día para alegar nesta fase. Cremos que as promotoras deste tipo de instalacións, así como o Ministerio e a Xunta deben saber que na comarca hai unha forte preocupación e oposición a proxectos deste tipo.

A Coordinadora puxo a disposición varios documentos guía de alegacións, elaborados polo equipo de avogados que forman parte do colectivo e que estiveron días analizando o proxecto, para que todas aquelas persoas que o desexasen poideran presentar a súa disconformidade co proxecto eólico. Entre as persoas que se ten constancia que o fixeron, están tamén os responsables da granxa Casa Grande de Xanceda ou da Finca Arosa, por exemplo, asi como o enxeñeiro José Luis Varela Fernández e tamén colectivos sociais e ecoloxistas e outras persoas a título individual.

Comentarios
Lo más