miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Concerto dos alumnos máis pequenos da Escola de Altos Estudo Musicais

Concerto dos alumnos máis pequenos da Escola de Altos Estudo Musicais
Concerto dos alumnos máis pequenos da Escola de Altos Estudo Musicais

Son un total de doce rapaces que tocan o violín e o violencello

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago, préstalel unha atención especial á formación musicla dos máis pequeno. Este ano académico celebrouse unha nova edición do curso de corda para nenos, centrados nas especialidades de violín e violoncello. Búscase así que as xeracións máis novas de múscos teñan a oportunidade de mellorar os seus coñecementos e a práctica en relación a estes instrumentos.

Como broche final do curso, que comezou en novembro de 2017 e acaba este mesmo mes de maio, os alumnos protagonizarán un concerto mañá sábado, día 26, no auditorio de propio centro. A cita será ás 12:00 horas e a asistencia é gratuíta ata completar aforo.

Na primeria parte do concerto, os rapaces, todos eles con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, interpretarán obras individuais para o seu instrumento, acompañados pola pianista Haruna Takebe. Tocarán pezas de diferentes épocas e estilos, entre elas composicións de Seitz, Mendelssohn, Haendel, Vivaldi, Weber, Paganini, Bruch, Telemann, Mozart, Gliere, Wieniavsky, Chaikovski e Beriot.

Na segunda parte do acto, os xoves músicos integrarán unha orquestra de cámara. Xuntos achegarán ao público o Concerto en Sol maior de Vivaldi. Leva´ra a batuta o mestre coruñés Jorge Montes, actual director da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia e profesor de violín no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol. Formado en Holanda e Italia, ten ofrecido concertos por toda Europa, Asia e Sudamérica.

A través desta iniciativa os alumnos terán a oportunidade de demostrar o que aprenderon ao longo do curso, apoiados polos seus profesores, na súa maioría músicos da Real Filharmonía de Galicia

Comentarios
Lo más