Mes da Suntentabilidade en El Corte Ingles
Os protagonistas serán os nenos e O SAPOCONCHO, especie de réptil en perigo de extinción desde o ano 1999
El Corte Inglés conmemora o Mes da Sustentabilidade cunha proposta de concienciación ambiental centrada no libro infantil da artista galega Maite Vázquez, ‘O Sapoconcho Colorins’.
“O Sapoconcho Colorins”, é unha obra ilustrada e escrita pola artista galega Maite Vázquez na que busca facer visible os efectos dos incendios no Medio Ambiente e como todos podemos propoñer solucións. Á vez que trata de dar a coñecer a especie de réptil en perigo de extinción desde o ano 1999, O Sapoconcho.
O venres, día 1 de xuño ás 20 horas será a presentación do libro no Salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago. A autora estará acompañada do Secretario Xeral de Política Lingüística de la Xunta de Galicia, Valentín Garcia; el editor do proxecto ‘Eu Sapoconcho’, Miguel Ángel Martínez Coello y el director de publicacións Orixe – A Formiga Rabicha, Avelino Jácome.
E o sábado, día 2, ás 18 horas, desenvolveremos unha sesión de contacontos e un taller de reciclaxe onde os pequenos poderán escoitar o conto de man da propia autora e participar no taller no que se fará unha réplica de “O Sapoconcho”, creándoo e decorándoo con materiais reciclables, nunha tarde na que xogando todos aprenderemos a querer máis á nai natureza. Unha tarde didáctica para aprender cales son os efectos dos incendios no medio ambiente e coñecer O Sapoconcho, réptil autóctono de Galicia.
No taller utilizaranse materiais reciclados: cartón, xornais, cola ecolóxica realizada a base de auga e fariña sen glute …