A Asociación da Facultade de Farmacia nomea Farmacéutico Exemplar ao profesor Francisco Díaz-Fierros
Este ano concédeselle esta distinción a Díaz-Fierros tanto polos seus coñecementos do solo galego e do seu tratamento como pola divulgación da cultura galega en numerosos foros institucionais
A Asociación da Facultade de Farmacia celebra este ano o seu 50 aniversario, e con ese motivo reúnese este venres 25 en Santiago nun encontro no que o profesor emérito da USC Francisco Díaz-Fierros recibirá o título de Farmacéutico Exemplar, que cada ano recoñece a traxectoria profesional dunha persoa destacada.
Este ano concédeselle esta distinción a Díaz-Fierros tanto polos seus coñecementos do solo galego e do seu tratamento como pola divulgación da cultura galega en numerosos foros institucionais.
O acto terá lugar a partir das 13.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, antiga sede da Facultade de Farmacia, en el participarán a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez Moldes; a decana da Facultade de Farmacia, Isabel Sández Macho; o Presidente da Academia de Farmacia de Galicia, Manuel Puga Pereira, e o presidente do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, Héctor Castro Bernardino. Intervirá ademais o académico de Farmacia Florencio Moreno García.