miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago volve a sumarse á campaña internacional "Quere o teu mercado"

Santiago volve a sumarse á campaña internacional "Quere o teu mercado"
Santiago volve a sumarse á campaña internacional "Quere o teu mercado"

O Concello promove a campaña Ama o teu mercado mediante o sorteo de 15 bonos de desconto de 50 euros 

A sala de usos múltiples da Praza de Abastos acolleu hoxe a presentación da acción que a cooperativa da Praza e o Concello impulsan durante este mes de maio para fidelizar os clientes do mercado. Na presentación estiveron a concelleira de Mercados, Noa Morales; a xerenta da praza, Marta Rey, e a subdirectora xeral de Comercio, Marta López. 

Nesta ocasión, o Concello promove a campaña Ama o teu mercado mediante o sorteo de 15 bonos de desconto de 50 euros para trocar en calquera posto do mercado. A acción comezou o pasado 18 de maio e continuará ate o 28 deste mes, cando se darán a coñecer ás persoas beneficiarias. Terán ata o 30 de xuño para trocar os bonos en calquera posto da Praza. 

Un dos obxectivos desta campaña pasa por fomentar a compra de produtos do mercado "frescos, locais, de proximidade e de primeira calidade", tal e como destacou a concelleira Noa Morales. "A Praza de Abastos é o segundo lugar máis visitado de Compostela por turistas e visitantes, despois da praza do Obradoiro. Pero non so iso, a praza é tamén o lugar de compra de referencia para os veciños e veciñas e por iso as campañas deste tipo reforzan o valor que de por si ten o noso mercado". 

Comentarios
Lo más