miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rubén Cela: "É certo que normalizaron a vida municipal tras catro anos calamitosos do PP"

Rubén Cela: "É certo que normalizaron a vida municipal tras catro anos calamitosos do PP"
Rubén Cela: "É certo que normalizaron a vida municipal tras catro anos calamitosos do PP"

Goretti Sanmartin Rei sinalou que o BNG se destacou "por facer unha oposición construtiva a favor da veciñanza de Santiago"

Rubén Cela e Goretti Sanmartín Rei, do grupo municipal do BNG de Santiago, fixeron balance despois de tres anos das eleccións municipais onde destacaron as propostas en positivo que trasladou a formación nacionalista durante este período. 

"É certo que normalizaron a vida municipal tras catro anos calamitosos do PP, pero non é menos certo que a xestión de CA está a ser moi deficiente nalgúns aspectos importantes, moi lonxe do relato idílico e carente de autocrítica que amosan", señaló Rubén Cela. O portavoz destacou que se desenvolveron actuacións concretas que o BNG impulsou e apoiou como a recuperación do espazo do Banquete de Conxo, a Semana do Libro, a campaña contra a violencia de xénero, a duplicación das bolsas de comedores ou o novo edificio da Escola Municipal de Música. 

“As cuestións que CA suspende son referidas, fundamentalmente, á xestión ordinaria” cuns niveis de execución de “orzamentos irrisorios” (en 2015, o 25% do investimento; en 2016 o 22% e en 2017 aínda non publicaron os datos pese a que a data límite legar era o 1 de marzo de 2018). "Ademais, non hai ningunha obra nova de entidade que fose por iniciativa propia de CA, pois Montero Ríos, Vista Alegre, Carretas, Carreira do Conde, Avenida de Vilagarcía e Castrón Douro proveñen do Goberno anterior".

En canto á xestión dos servizos, lembrou que os centros socioculturais estiveron dous anos sen contrato, a ORA e o guindastre cun contrato anulado por sentenza xudicial en setembro de 2015 segue hoxe coa mesma empresa, o pádel, a Escola Municipal de Música, o Matadoiro Municipal, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, a cafetaría da Granxa do Xesto, a escola infantil de Salgueiriños, a limpeza e conserxaría dos colexios, a limpeza do Concello e o transporte público tamén operan sen contrato. 

Goretti Sanmartin Rei sinalou que o BNG se destacou "por facer unha oposición construtiva a favor da veciñanza de Santiago, por iso se buscaron fórmulas para chegar a acordos para que houbese investimentos na cidade e no rural e para mellorar as condicións de vida". 

Comentarios
Lo más