miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha delegación do Fortaleza Esporte Clube vista o Parlamento de Galicia nunha viaxe para reforzar os seus lazos con Santiago e con Galicia

Foron recibidos polo vicepresidente da Cámara galega, Diego Calvo

Unha delegación do Fortaleza Esporte Clube, clube de fútbol da cidade brasileira de Fortaleza, capital do estado de Ceará, visitou hoxe a Cámara galega no marco dunha viaxe encamiñada a reforzar os seus lazos con Santiago de Compostela e con Galicia. O vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso, recibiu á delegación brasileira e fixo votos por intensificar os vínculos galaico-brasileiros.

O Fortaleza Esporte Clube foi fundado hai case 100 anos, o 18 de outubro de 1918. Dase a circunstancia de que as orixes da cidade de Fortaleza se remontan ao Fortín de Santiago, erixido o 25 de xullo de 1604.

Para resaltar os vínculos de Fortaleza con Santiago de Compostela, o equipo de fútbol da cidade estreará, no marco da conmemoración do seu primeiro centenario, unha camiseta especial que incorpora unha imaxe da Cruz de Santiago.

A delegación que hoxe visitou o Parlamento de Galicia estaba integrada polo presidente do Fortaleza Esporte Clube, Marcelo Paz, e polo historiador do centenario,Adauto Leitão de Araujo Junior.

Comentarios
Lo más