miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santiago acolle unha xornada centrada no "dieselgate" e as recentes problemáticas bancarias

Santiago acolle unha xornada centrada no "dieselgate" e as recentes problemáticas bancarias
Santiago acolle unha xornada centrada no "dieselgate" e as recentes problemáticas bancarias

A actividade abordará o ‘dieselgate’, as cláusulas chan e a venda de accións do Banco Popular

A Facultade de Dereito de Santiago de Compostela acollerá este venres 25 de maio a Xornada #Comsumo ‘Comunicación y Consumo’ organizada pola Unión de Consumidores de Galicia e ASUFIN (Asociación de Usuarios Financieros).

A actividade está conformada por dúas mesas redondas. Na primeira, abordarase o fenómeno da comercialización de vehículos afectados polo coñecido como Dieselgate e as opcións das persoas consumidoras afectadas por esta fraude masiva. O secretario xeral da UCGAL, Miguel López Crespo, moderará esta mesa na que intervirán a doutora en Dereito Civil e profesora da Facultade de Dereito da USC, Marta Otero Crespo; a avogada e directiva da UCGAL, Rocío Arnoso Moure; o perito xudicial e profesor técnico na rama de mantemento de vehículos, José Luis Abad Castro; e a xuíza titular do Xulgado de 1a Instancia e instrución 3 de Cambados, María José Blanco Caramés.

A segunda mesa redonda estará moderada pola presidenta de ASUFIN, Patricia Suárez Ramírez; e contará coa presenza do director de asesoría xurídica de Abanca, José Ignacio Canle Fernández e o avogado colaborador de ASUFIN, Agenor Gómez Álvarez, que debaterán sobre a influencia en España da xurisprudencia do TXUE sobre cláusulas abusivas, desde os desafiuzamentos e as cláusulas chan ata o IRPH e as hipotecas multidivisa. Ademais, o perito economista e auditor de contas, Julio César Calvo Malvar participará para comentar os recentes pronunciamentos xudiciais e a importancia da proba pericial no caso das accións do Banco Popular.

A actividade é gratuíta previa inscrición, a mesma pode realizarse a través da páxina web www.consumidores.gal ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

Comentarios
Lo más