miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"Sección Compostela de Músicos ao Vivo" pide que o Concello de Santiago desbloquea a situación na que se atopan

"Sección Compostela de Músicos ao Vivo" pide que o Concello de Santiago desbloquea a situación na que se atopan
"Sección Compostela de Músicos ao Vivo" pide que o Concello de Santiago desbloquea a situación na que se atopan

A situación está traendo "importantes implicacións económicas" 

A Sección Compostela de Músicos ao Vivo representa na cidade de Santiago de Compostela a un numeroso colectivo profesional de intérpretes de música en directo que, de acordo co último Censo Compostela é Música, vese plasmado en case que 200 formacións que regularmente desenvolven o seu traballo na cidade.

Dada a situación actual que imposibilita as actuacións ao vivo na cidade "e, polo tanto noso traballo, coas importantes implicacións económicas que isto representa para nós, así como para a vida cultural de Compostela" solicitan: 

-Á Xunta de Galicia e ao Concello de Santiago que de xeito inmediato desbloqueen a situación de indefinición legal na que actualmente se encontra a música ao vivo en Santiago de Compostela, de forma que poidamos desenvolver o noso traballo de forma segura e adaptada á legalidade.

-Ao Concello de Santiago, que elimine na nova normativa a prohibición expresa de instrumentos de amplificación para os establecementos que actualmente figuran no grupo I da Ordenanza Municipal de Ruídos e que regule nela, de forma clara, as condicións de horarios e volume que se deben cumprir nas nosas actuacións en vivo nos diferentes locais da cidade, de maneira similar á outros concellos como o de Barcelona.

- Ao resto de Concellos de Galicia, facémoslles un chamamento para que impulsen medidas claras similares ás expostas no punto anterior, que permitan a segura mobilidade e homoxeneidade legal dentro do noso territorio á hora de desenvolver o noso traballo.

"O noso colectivo esixe compromiso e valentía por parte das institucións implicadas, que permitan que a música ao vivo na nosa cidade sexa unha realidade que poida ser compatibilizada co descanso e o respecto a toda a cidadanía, a través dunha normativa sensible e clara, adaptada á realidade social e cultural do século XXI, propia dunha cidade moderna como é Compostela". 

Comentarios
Lo más