miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A falta de renovación dos vehículos, por parte da Mancomunidade, lastra a actividade e efectividade do Complexo Medioambiental do Barbanza

A falta de renovación dos vehículos, por parte da Mancomunidade, lastra a actividade e efectividade do Complexo Medioambiental do Barbanza
A falta de renovación dos vehículos, por parte da Mancomunidade, lastra a actividade e efectividade do Complexo Medioambiental do Barbanza

Esta é unha situación á que o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza xa tentou facer fronte redobrando esforzos pero que é inviable ante a falta de renovación dos vehículos por parte da Mancomunidade

A falta de cumprimento dos compromisos na renovación de frota por parte da Mancomunidade Serra do Barbanza ameaza con colapsar a recollida selectiva de residuos nos municipios do Barbanza como comeza a evidenciar a situación xerada nas últimas horas nalgúns puntos destes concellos nos que se acumulan residuos sen recoller ou recollidos con demora. 

Unha situación á que o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza xa tentou facer fronte redobrando esforzos pero que é inviable ante a falta de renovación dos vehículos por parte da Mancomunidade, tal e como veu denunciando en reiteradas ocasións a dirección da planta de Lousame. O acordo inicial ca Mancomunidade estipulaba que os camións (ademais de diversa maquinaria da planta e dos colectores) debían ser substituídos ós 10 anos a partir da súa posta en servizo, con recursos que achegaría a Mancomunidade de Concellos de Serra do Barbanza, data que oficialmente se cumpriu en setembro de 2013. Pero esta renovación non chegou a materializarse, o que lastra o servizo.

Para a prestación do servizo de recollida de lixo, O Complexo Medioambiental Serra do Barbanza conta inicialmente cunha frota de 9 vehículos recolectores, ós que se sumarían os alugados pola Mancomunidade debido ó incremento do servizo que se foi rexistrando ó sumarse novos concellos ó longo destes anos e por retrasos á hora de adquirir os camións por parte do ente supramunicipal. Porén a frota non está constituída por ese número de camións, posto que se foron producindo baixas por distintos motivos que a deixan ó limite e baixo mínimos para poder cumprir axeitadamente co servizo.

A día de hoxe só 2 vehículos están operativos, dadas as continuas reparacións ás que se ven sometidos boa parte deles ó non ser renovados por parte da Mancomunidade cando correspondía, xa no 2013 segundo se especifica no contrato, e ter superado a súa vida útil.

Por outra banda, dos tres vehículos “doados” pola Deputación, días atrás en Noia, os dous grandes e bicompartimentados seguen nos garaxes da Mancomunidade, sen ser entregados para o servizo ó Complexo. Un terceiro, monocompactador e de menores dimensións, foi entregado pero sen a documentación, o que impide a súa circulación e servizo. Ademais estes camións, que chegan con cinco anos de retraso, non cumpren as prescricións técnicas establecidas no contrato. Namentres os vehículos de maior tamaño carecen da potencia precisa, o que implica unha menor operatividade á par de maiores gastos de combustible e lentitude na prestación do servizo, o camión monocompactador e de menor tamaño non se axusta ás necesidades para as que foi pensado, xa que a súa anchura supera o estipulado no contrato o que o inhabilita para acceder a viais rurais estreitos ou núcleos históricos, o seu cometido.

Ó longo do ano pasado, o Complexo só contou cunha media de 4,5 camións operativos por día. Chegaron a estar avariados á vez seis camións, cando se precisan alo menos cinco diariamente para garantir unha recollida eficaz. Unha situación que fai imposible garantir unha recollida selectiva axeitada. A isto súmase que boa parte da frota rexistre unha media de incidencias que oscila entre o 50 e o 70%.

Comentarios
Lo más