miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández denuncia o total "desgoberno e abandono" ao que Martiño Noriega ten sometida á cidade dende fai 3 anos

Agustín Hernández denuncia o total "desgoberno e abandono" ao que Martiño Noriega ten sometida á cidade dende fai 3 anos
Agustín Hernández denuncia o total "desgoberno e abandono" ao que Martiño Noriega ten sometida á cidade dende fai 3 anos

"Estes anos son tempo perdido que teñen sumida a cidade na inactividade e na mediocridade"

O responsable do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, denunciou en rolda de prensa "o total pasotismo do alcalde Martiño Noriega durante os tres anos que leva no Goberno Municipal". Para Hernández "estes anos son tempo perdido que teñen sumida a cidade na inactividade e na mediocridade". 

O voceiro do PP no Concello de Santiago fixo un percorrido sobre algúns dos puntos máis importantes que "debería ter resolto o alcalde e dos que nada se ten avanzado". Unha das cuestións que máis preocupa ao Partido Popular de Santiago é o da depuradora da que "neste momento se descoñece o custo e o procedemento de licitación previsto para o novo informe que ten solicitado o Goberno Municipal". 

"Con esta nova volta, o Goberno de Compostela Aberta segue confundindo aos veciños cunha idea que non avanza, pasaron xa dous meses desde que Martiño Noriega sorprendeu a todos deixando atrás unha negociación de anos, para defender unha nova ocorrencia e carece de bases para poder ser unha realidade nun futuro próximo". 

Para Agustín Hernández "o panorama da estación Intermodal non é moi distinto xa que hai unha total falta de implicación e responsabilidade do Goberno de Martiño Noriega en relación con este proxecto xa que despois de dicir hai uns meses que xa tiñan en marcha os accesos, agora vemos que aínda están a licitar a redacción do proxecto dos mesmos". 

Tamén se referiu Hernández á proliferación de contratos outorgados por parte do Goberno de Martiño Norieg, para "realizar prestacións innecesarias, por superficiais e propagandísticas debido a que poderían terse feito polos propios funcionarios e cargos públicos. Nalgún caso rexistráronse ademais prestacións duplicadas e a prezos presumiblemente inflados".

"Ao longo destes 3 anos, Compostela Aberta deu mostras dunha completa falta de atención sobre a situación de servizos básicos para a cidadanía. Nunca se preocupou da marcha dos servizos públicos e iso fixo que o normal neste Concello fora que as empresas concesionarias continuaran prestando os seus servizos, despois de rematar o prazo contractual, con prórroga e mesmo sen soporte legal". 

Agustín Hernández explicou que arredor de 20 importantes contratos de servizos "forónse alongando ata o límite, privando ao Concello de ofertar estes servizos e con iso a oportunidade de obter importantes aforros e melloras nas prestacións. Neste momento, aínda máis dunha decena deses servizos, como o Transporte Público, a ORA e guindastre, a recollida do lixo, o matadoiro municipal, a xestión das multas de tráfico, a limpeza dos edificios públicos ou servizos de xardinería, permanecen prorrogados nuns casos, e noutros nunha clara situación de alegalidade, con evidentes prexuízos e inconvenientes para a Administración local".

Comentarios
Lo más