miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do Libro-CD-DVD PeloGato 24

Presentación do Libro-CD-DVD PeloGato 24
Presentación do Libro-CD-DVD PeloGato 24

O Pelogato 24 é un traballo que consta de 13 cantigas tradicionais para nenas e nenos

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, e Oli Xiraldez e Gustavo Couto, membros da xunta directiva da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) participarán hoxe na presentación do Libro-CD-DVD PeloGato 24 que terá lugar as 12:00 horas na Biblioteca Pública Ánxel Casal en Santiago de Compostela. 

O Pelogato 24 é un traballo que consta de 13 cantigas tradicionais para nenas e nenos, que baixo a dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega foron interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga Vai de Baile. 

O dvd está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun "como se fixo" e os videoclips e playbacks das cantigas. 

Este traballo, editado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s no ano 2007 e dirixido principalmente aos máis cativos, converteuse nun referente ve hoxe novamente a luz nesta segunda edición, grazas a implicación da Área de Cultura da Deputación de A Coruña, despois de levar varios anos esgotado. 

Comentarios
Lo más