Adxudícase por un importe de 181.494 euros a obra de saneamento en Castrigo
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle obras de saneamento no lugar de Castrigo
O Concello de Ames executará obras en Castrigo, pertencente á parroquia de Ortoño, para dotar de saneamento a este lugar do concello. Trátase dunha importante obra que levan anos reclamando os veciños e veciñas desta aldea. Estes traballos, que están incluídos dentro do Plan provincial de cooperación das obras e servizos de competencia municipal (POS) 2016, foron adxudicados á empresa Excavaciones José Varela Iglesias SL por un importe de 181.494,85 euros.
Este proxecto tivo un atraso na súa execución debido á necesidade de dispor dos permisos que lle foron solicitados a Augas de Galicia hai preto de dous anos. Houbo que facer varias modificacións no proxecto inicial para poder dispor dos permisos necesarios. Unha vez o Concello de Ames dispuxo de ditos permisos xa se iniciou a tramitación para sacar a concurso o devandito proxecto. Unha vez adxudicado, o proxecto executarase ao longo deste ano. Ademais de dotar saneamento as vivendas do lugar de Castrigo, tamén se vai dotar deste servizo a catro vivendas do Casaliño que están sen él. A través desta actuación vaise a estender a rede de saneamento ata o campo de fútbol municipal de Bertamiráns.
El concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servicios Básicos, Blas García, destacou que "se vai a realizar un gran investimento no lugar de Castrigo e no campo de fútbol de Bertamiráns para dotar a estes lugares de saneamento. Ademais, vamos a completar a rede de saneamento no Casaliño, onde quedaban catro vivendas pendentes de dispor de este servizo. A rede que se executará discorre por terreo público e por dúas aprcelas privadas, para as que xa temos os permisos dos seus propietarios. Coa realización destas obras evitaranse varias denuncias de veciños do Castriño que denunciaron vertidos no río que discorre por este lugar".