O venres remata o prazo de entrega de traballos para VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro
Os traballos poden entregarse nas librerías dos catro centros El Corte Inglés de Galicia ou enviarse por correo postal ós departamentos de Comunicación
O vindeiro venres día 25 de maio remata o prazo de entrega das poesías para participar no VI Concurso Escolar de Poesía Escolar Rosalía de Castro, convocado por a Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés para o alumnado de Secundaria e Bacharelato. Os traballos poden entregarse nas librerías dos catro centros El Corte Inglés de Galicia ou enviarse por correo postal ós departamentos de Comunicación. A dirección do departamento de Santiago de Compostela é: Restollal, 50, planta baixa, 15702, Santiago de Compostela.
O concurso establece tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO (1º e 2º), 2º ciclo da ESO (3º e 4º) e Bacharelato. As obras teñen que ser orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.
Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad e haberá dous accésit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.
O reusltado do concurso farase público o día 1 de xuño. A entrega dos premios terá lugar o día 8 do mesmo mes nun acto poético-musical na Casa-Museo, onde participarán os propios premiados e premiadas. E o 15 de xullo presentarase o libro cos poemas finalistas.