miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noia, epicentro del Nacional de fútbol sala infantil

Noia, epicentro del Nacional de fútbol sala infantil
Noia, epicentro del Nacional de fútbol sala infantil

O alcalde de Noia, Santiago Freire; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; o presidente do Noia FS, Severino Barreiro; o concelleiro de Deportes de Noia, Ramón Fuentes; e o directivo da RFGF responsable de fútbol sala, Pablo Prieto, presentaron esta mañá no salón de plenos do consistorio o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol sala na categoría infantil feminina, o cal se vai a celebrar esta semana, do 25 ó 27 de maio


O alcalde de Noia, Santiago Freire; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; o presidente do Noia FS, Severino Barreiro; o concelleiro de Deportes de Noia, Ramón Fuentes; e o directivo da RFGF responsable de fútbol sala, Pablo Prieto, presentaron no salón de plenos do consistorio o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol sala na categoría infantil feminina, o cal se vai a celebrar esta semana, do 25 ó 27 de maio.

O concelleiro de Deportes deu a benvida aos asistentes e agradeceu á RFGF a elección de Noia para albergar este campionato. Acto seguido interviu Pablo Prieto para dar conta do calendario de competición, anunciando tamén unha actividad da selección galega nun centro escolar da vila.

Rafael Louzán agradeceu a magnífica colaboración do Concello de Noia, e en particular do alcalde e do concelleiro, destacando que este evento representa unha "gran oportunidade" para todos os que veñan doutras comunidades "de coñecer esta fermosa vila". O presidente da RFGF felicitou ó Noia FS polo gran traballo que ven facendo en beneficio do fútbol sala, lamentando o seu descenso de categoría. Do mesmo xeito referiuse ó equipo de fútbol da localidade, o cal "esperamos que regrese máis pronto que tarde ó lugar que se merece que é a Terceira División".

Louzán está convencido do éxito organizativo do campionato, e máis tendo en conta a moita afección que existe en Noia a este deporte. Amosouse confiado nun bo resultado por parte da selección galega e reiterou o gran paso que supuso para a Federación o proceso de integración do fútbol sala, unha especialidade pola que a RFGF aposta de maneira decidida, como se reflexa na organización de tres campionatos nacionais este ano, e os tres de categorías femininas: sub 21 en Redondela, sub 17 en Burela e agora infantil en Noia.

As 6 seleccións participantes chegarán o xoves a Noia e a competición vai a desenvolverse de venres a domingo según o seguinte calendario: 

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís Femininas de Fútbol sala disputarase no pavillón polideportivo municipal Agustín Mourís os días 25, 26 e 27 de maio. Participarán seis selecciones, divididas en dous grupos: Galicia, Madrid e Murcia (Grupo A) e Andalucía, Cataluña e Castela A Mancha (Grupo B). A fase de grupos terá lugar durante o venres 25 e a mañá do sábado 26. 

Abrirán o campionato Madrid e Murcia (10:00 horas), seguidos de Cataluña – Castela A Mancha (12:00 horas). Pola tarde, ás 17:00 horas, chegará o debut das mulleres de Galicia, que xogarán contra o perdedor do Madrid-Murcia. Ás 19:00 horas, Andalucía pechará a xornada xogando contra o perdedor do Cataluña-Castela A Mancha. Para a mañá do sábado 26 quedan os dous encontros restantes: Galicia contra o gañador do Madrid- Murica (10:00 horas) e o Andalucía contra gañador do Cataluña-Castela A Mancha (12:00 horas). Na tarde do sábado 26 terán lugar a final de consolación (entre os terceiros de cada grupo) e as semifinais entre o primeiro do grupo A e o segundo do grupo B (18:00 horas) e entre o primeiro do grupo B e o segundo do grupo A (20:00 horas). Uns horarios que poderían ser modificados para non coincidir coa final da Champions League. A gran final terá lugar o domingo 27 de maio, ás 12:00 horas.

Comentarios
Lo más