Os socialistas desminten o compromiso da Xunta coa redución, reciclaxe e reutilización
Patricia Vilán apunta á conselleira de Medio Ambiente e inminente candidata en A Coruña como "exemplo da reutilización" que entende o PP
A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe a falla de compromiso real da Xunta coa "economía circular", dirixida a consolidar a redución, reciclaxe e reutilización de residuos. Na comparecencia da conselleira de Medio Ambiente sinalou que a Xunta "como pouco chega 4 anos tarde" nunha política que a Comisión Europea xa ten implantado en 2014.
Explicou que a UE propuxe en 2011 un marco para o uso eficiente de recursos , que era desenvolto no VII Programa de Acción en materia de Medio Ambiente en 2013 e en 2014 e propia Comisión Europea comunicaba un programa de "cero residuos" baseado na economía circular. A Xunta, dixo, preséntase "para facer anuncios" pero sen compromisos.
A parlamentaria socialista lembro que 2025 é a data límite para evitar o vertido de tódolos residuos reciclable, e en 2030 deberán ser eliminados tódolos vertedoiros, mentres o goberno galego mantense por detrás mesmo da media estatal. "A Xunta non ten feiro por exemplo nada en contaminación lumínica, mentres suspende en reciclaxe".
Sinalou que a reciclaxe de residuos, que na UE era do 36 por cento xa en 2014, e en España situouse no 24,3 por cento, en Galicia foi do 21,35 por cento no ano 2017. Acusou á Xunta de 2mentir" cando a directora xeral de Calidade Ambiental vendeu como un éxito que en 2017 se reciclara un 2 pro cento máis que no anao anterior, cando no Estado fora un 3,41 por cento máis.
Ademais, censurou a nula resposta do goberno galego aos retos medioambientais establecidos polo goberno estatal en base á 1ª Estratexia de Economía Circular que inclúe un plan inicial de actuacións para o período 2018-20 seguindo as directrices comunitarias. A Xunta, dixo, apenas atende a dous dos 6 aspectos específicos.
Deste xeito, criticou a escasa atención á reutilización de augas, armonización fiscal, tratamento de residuos procedentes da construción e das demolicións ou tratamento de lixo mariño, que “apenas mencionan moi por riba”. Criticou que “nin mencionan” o obxectivo de redución da obsolescencia, ou a escasa atención aos residuos alimentarios, con apenas un proxecto piloto de 300.000 euros.
Os socialistas reclamaron neste sentido o control da contaminación lumínica, un mellor tratamento de residuos, a introdución de sistemas de xestión, depósito, devolución e retorno, ou incorporar o combate contra a pobreza enerxética. Tamén propuxo unha nova fiscalidade “verde” máis xusta, o impulso de vehículos “limpos”, o impulso das enerxías renovables e poñer o acento no valor dos montes e da política forestal.