O CHUS crea unha unidade da enfermidade cardiovascular na muller
Desenvolverá protocolos de actuación, diagnósticos e terapéuticos, e realizará difusión da especifidades da patolocía cardiovascular na muller a profesionais santarios e sociede
As mulleres compostelás contan xa cunha Unidade de enfermidades cardiovascular na muller, posta en marcha polo servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Santiago e que está coordinada pola cardióloga Milagros Pereira, quen esta mañá presentouna en rolda de prensa acompañada polo xefe do servizo, José Ramón González-Juanatey e a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez.
En España morren 9.000 mulleres máis que homes por enfermidades cardiovascular ao ano, segundo datos do INE de decembro de 2017. A enfermidade cardiovascular continúa a ser a primeira causa de morte en España (29,17%), por riba das mortes acontecidas por tumores (27,50%) ou as enfermidades do sistema respiratorio, a terceira causa, cun 11,40%. A taxa media de mortalidade feminina en España por causa cardiovascullar é do 31,98%, mentres que en Galicia é algo superior, do 34,82%. A cardiopatía isquémica e o ictus son os principais responsables das mortes por enfermidade cardiovascular na muller, segundo se puxo de manifesto na presentación á prensa da unidade de enfermidade cardiovascular na muller.
Por otra banda, nas últimas dúas décadas tense detectado un incremento nas taxas en mulleres moi xoves, de entre 35 e 45 anos, mentres nos homes da mesma franxa de idade diminúen a está comprobado que nas mulleres dáse unha maior mortalidade na fase aguda do infarto, maior número de complicacións na súa evolución e durante o intervencionismo coronario e mesmo na cirurxía da revascularización.
"A pesares desta situación, a visión da poboación xeral segue a ser que a patoloxía cardiovascular é unha enfermidade masculina" subliña a cardióloga do CHUS, Milagros Pedreira, pero esta situación está cambiando e están a xurdir campañas de difusión a nivel científico, profesional e social que promoverán un cambio "na actitude fronte a este grave problema sanitario".
"Hai múltiples razóns que explican a necesidade dunha unidade específica de patoloxía cardiovascular na muller" segundo subliñou a doutora Pedreira, xa que se amosa dun xeito diferente. Hai diferencias desde o punto de vista fisiopatolóxico, nas manifestacións clínicas, na utilidade de diferentes métodos diagnósticos, na estratexia terapeútica...
Así, no ámbito epidemolóxico, na muller a enfermidade cardiovascular desenvólvese máis tarde, o que provoca maior perda de calidade de vida nas doentes; ademais hai factores de risco específicos, relacioandos con xénero, como a hipertensión de embarazo; a diabete xestacional; a disfunción hormonal pre-menopáusica; a síndrome ovárica poliquísitca, ou a menopausia.
A Unidade, coordinada pola doctora Pedreira tamén conta coa estreita participación de Pilar Mazón e Amparo Martínez, do servizo de cardioloxía da área sanitaria compostelá e conta coa colaboración doutras unidades de cardioloxía, e con ata 10 servizos do CHUS, como cirurxia cardíaca, vascular, endocrinoloxía, medicina nuclear, obstetricia, oncoloxía, hematoloxía, radioloxía, reumatoloxía, ou urxencias. A nova unidade desenvolverá protocolos de atención sanitaria diagnósticos e terapéuticos e realizará tamén difusión das especificadades da patoloxía cardiovascular na muller a profesionais sanitarios e sociedade.
REXISTRO DE PACIENTES CON INFARTO AGUDO DE MIOCARDIO
Así, o rexistro de pacientes con infarto agudo de miocardio con elevación do ST do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela refleicte un maior atraso na atención por infarto agudo de miocardio en mulleres que en homes polo que son necesarios mecanismos que permitan superar esta desvantaxe de xénero feminino poñendo énfase nunha especial sensibilidade e coñecemento destes datos por parte dos profesionais e dunha maior e mellor percepción por parte das propias mulleres.
No rexistro IAMEST, de doentes atendidos con infarto agudo de miocardio con elevación do ST, co tipo de infarto máis grave, da xerencia compostelá figura que 1.499 pacientes foron sometidos a anxioplastia primaria, deles 396 foron mulleres, 0 24%.
A media de idade en mulleres foi de 65 ano e os seus principais factores de risco cardiovascular son a hipertensión aretrial, no 64% e a Diabetes Mellitus no 27,3%, Hiperlipidemia 46% e fumadores o 16,4%. Comparado cos homes, as mulleres eran maiores e tiñan maior prevalenza tanto de hipertensión como de diabete. Nas mulleres transcorreu maior tempo desde o primeiro contacto médico ata recibir o tratamento de reperfusión no centro hospitalario, concretamente transcorreron uns 121 minutos de media, mentres que nos homes pasaron a 92 minutos de media.
As mulleres con mellores tempos tiveron menor mortalidade por todas as causas e menos eventos adversos graves nos seguintes 2,36 anos do infarto.
A este atraso súmase a demora na solicitude de atención médica por parte das mulleres, da que se tenga coñecemento pero non está tan cuantificada de xeito obsectivo. A doutora Pedreira destaca que "non se identifica tan ben a síndrome coronaria aguda porque os síntomas ás veces non son os típicos, os descritos na literatura médica". "Desde hai tempo sábese que a sintomatoloxía pode variar na muller o que condiciona a percepción da doente ou do propio profesional médico, o que fai que non identifique con tanta facilidade os síntomas", engade.