miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Concerto de violonchelo Fernando Santiago no ciclo Oculta Polifonía de Bach

Concerto de violonchelo Fernando Santiago no ciclo Oculta Polifonía de Bach
Concerto de violonchelo Fernando Santiago no ciclo Oculta Polifonía de Bach

Fernando Santiago estará hoxe ofrecendo un concerto no Paraninfo da Universidade

O violonchelista galego Fernando Santiago ofrece este martes 22 un novo concerto do ciclo Oculta Polifonía das sonatas e partitas para violín e suites para violonchelo de Bach. O recita, de entrada libre, será ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidad e nel interpretará concretamente as Suites nº1 en Sol maior BWV 1007 e a nº4 en Mi bemol maior BWV 1010.

As seis suites para violonchelo só de Johan Sebastian Bach son particularmente importantes dentro de laiteratura do violonchelo "xa que en tempos do compositor, o papel deste instrumento na música era fundamentalmente o de acompañar, competindo  o seu son máis incisivo e potente co das violas da gamba, moi en auxe aínda", explica o coordinador do ciclo, o profesor da USC Javier Garbayo. "Con estas suites, Bach actualizou realmente a escritura violonchelística, ofrecéndolle en simultáneo un novo protagonismo nas súas obras orquestrais", explica.

Fernando Santiago García (Bueu, 1989) estudou violonchelo no Real Conservatorio da Haia (Países Baixos) con Lucia Swarts, Dmitri Ferschtman e Anne Bylsma, onde se linceciou con honras. En 2014 trasládase a Xapón para continuar os seus estudos de violonchelo barroco con Hidemi Suzuki na Universidade das Artes de Tokio.

Colaborou con músicos como Lucy van Dael, Barthold, Kuijken, Alfredo Bernardini, Chiara Banchini, Vera Berths ou Emma Kirkby, así como coas orquestras Netherlands Bach Society, Handel Festival Japan, Divino Sospiro, Apollo Ensenble, a Barroca de Tenerife, ou a Barroca de Vigo 430, ofrecen numerosos recitais en países como Xapón, España, Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Suíza, Croacia, Hungría, República Checa, Polonia, Bélxica e Países Baixos.

Desee 2016 é profesor de violonchelo barroco na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto.

Comentarios
Lo más