miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Conclúen as obras de renovación integral da praza Rafael Dieste en Ribeira

Conclúen as obras de renovación integral da praza Rafael Dieste en Ribeira
Conclúen as obras de renovación integral da praza Rafael Dieste en Ribeira

O proxecto executado tivo como obxectivo remodelar unha área moi deteriorada, sobre todo pola incidencia dos actos vandálicos

O Concello de Ribeira informa da conclusión das obras dirixidas á renovación da praza situada na rúa Rafael Dieste, no casco urbano de Santa Uxía de Ribeira. 

Cun orzamento de 34.483,79 euros, IVE incluído, as obras foron acometidas pola empresa Oziona Soluciones de Entretenimiento. Nos próximos días abrirase este espazo aos veciños unha vez o Concello recepciones a actuación. 

O proxecto executado tivo como obxectivo remodelar unha área moi deteriorada, sobre todo pola incidencia dos actos vandálicos. Creouse un novo parque infantil con pavimento de caucho continuo (formado por un columpio, un rocódromo e dous muelles e outro espazo para a práctica do deporte (dotado dunha barra fixa, unha barra elíptica e un banco de abdominales), tamén sobre caucho continuo. 

A realización dun mural no muro do peche perimetral completa unha actuación que tamén contemplou a pavimentación con formigón impreso continuo nalgunhas zonas.  

Comentarios
Lo más