A Cámara de Santiago celebra este martes unha xornada para analizar as consecuencias do Brexit para as empresas galegas
Impartida polo avogado Rubén García-Quismondo, analizarase a importancia do fluxo comercial entre ambos puntos do corredor ao ser Reino Unido o cuarto destino das exportacións españolas e o sexto en orixe das importacións
A Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá este martes, día 22, unha xornada orientada a analizar as novas formas e oportunidades de negocio e investimento entre España e Reino Unido ante o novo escenario que representa o Brexit, no que as empresas necesitarán do respaldo necesario para establecer alianzas comerciais de éxito.
Esta xornada, “Como facer negocios no Reino Unido e consecuencias do Brexit”, organizada no marco do Foro Galego do Brexit, será presentada polo secretario xeral da Cámara compostelá, Fernando Barros, e o subdirector xeral de Análise e Programación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, José Manuel Blanco, e celebrarase entre as 17:00 e as 19:00 horas na sala de xuntas da entidade cameral.
Impartida polo avogado Rubén García-Quismondo, analizarase a importancia do fluxo comercial entre ambos puntos do corredor ao ser Reino Unido o cuarto destino das exportacións españolas e o sexto en orixe das importacións. Nestes momentos, hai máis de 30.000 empresas españolas traballando con Gran Bretaña e máis de 17.000 empresas británicas traballando en España, o que fai supoñer que o que suceda ao final do Brexit non o sabe ninguén, pero a importancia dos dous mercados e os dous socios vai a seguir sendo forte.