miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O hipersector TIC en Galicia emprega preto de 22.000 traballadores

O hipersector TIC en Galicia emprega preto de 22.000 traballadores
O hipersector TIC en Galicia emprega preto de 22.000 traballadores

O gasto en innovación tecnolóxica nas empresas galegas medra un 9,3% e acada os 504 millóns de euros

O hipersector TIC galego concentra un total de 3.410 empresas e dá emprego a 21.973 persoas, a maior cifra de traballadores rexistrada nos últimos cinco anos. Estes datos sitúan a Galicia como a quinta Comunidade en volume de empresas desta área,unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.

Así se recolle no estudo sobre o hipersector TIC de Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que se publica hoxe.

O 75,6% das empresas do hipersector TIC inscriben a súa actividade no subsector TIC e un 24,4% no subsector de contidos e servizos audiovisuais.

O hipersector TIC galego continúa na liña de crecemento emprendedor xa iniciada no ano 2015, con 520 novas altas de empresas no último ano. Non obstante, o número de baixas incrementouse respecto do ano pasado, aínda que o saldo entre altas e baixas de empresas é positivo, con 90 entidades. O emprendemento foi especialmente significativo no subsector TIC, onde o saldo entre altas e baixas de empresas dá como resultado 140 novas entidades empresariais.

O emprego no hipersector TIC en Galicia experimenta un crecemento sostido dende o ano 2014. No ultimo ano medrou un 3,4% e aproxímase aos 22.000 traballadores, a maior cifra dos 5 últimos anos. No subsector TIC rexistrouse un crecemento do 4,8% mentres que no subsector Contidos diminúe un 1%. `

Crece a porcentaxe de traballadores que cotizan no Réxime Xeral ata o 82,9% e diminúe a porcentaxe no Réxime Especial de Autónomos, que se sitúa no 17,1%.

O emprego no hipersector das tecnoloxías da información ten un alto grao de masculinización, algo superior ao ano 2016: o 65,7% dos traballadores son homes fronte a un 34,3% de mulleres. No subsector Contidos, a fenda é máis reducida, pois as mulleres representan o 41,7% dos traballadoress fronte ao 32,1% do subsector TIC.

O hipersector TIC contribúe nun 2,1% ao PIB galego, destacando especialmente o subsector TIC, que representa o 1,8% do total desta contribución.

As exportacións de bens do hipersector TIC en Galicia achegáronse no ano 2016 ata os 76,8 millóns de euros, case 4 millóns de euros máis que no ano 2015 (5,5% de incremento). O forte peso das exportacións do hipersector débese fundamentalmente ao subsector TIC, e, en maior medida, ás exportacións de equipos de telecomunicacións (CNAE 26.3) que representa o 59,6% do total das exportacións do hipersector TIC. 

Durante o ano 2016, 900 empresas galegas de 10 ou máis traballadores realizaron algún tipo de actividade innovadora. Se se amplía ao período de 2014 a 2016 son un total de 2.053 empresas de 10 ou máis traballadores as que realizaron algunha actividade de I+D, o que representa o 27,5% das empresas galegas. A nivel estatal, Galicia ocupa a sexta posición no ranking de empresas innovadoras no ano 2016.

Atendendo ao tipo de innovación realizada polas empresas, o 12,2% do empresariado galego realizou innovacións tecnolóxicas durante o período 2014-2016, situándose en valores similares á media estatal.

O gasto en innovación tecnolóxica en Galicia incrementouse nun 9,3% no último ano e acada os 504 millóns de euros. Ademais, durante o ano 2016 incrementouse nun 19,2% o número de empregados/ as que traballaban en I+D no tecido empresarial galego. Así, en Galicia traballan 9.367 persoas en I+D a xornada completa, o que supón o 4,5% do total de traballadores/as en I+D de España.

Galicia é a sexta Comunidade Autónoma con maior número de traballadores en I+D a xornada completa, incrementándose respecto ao ano 2015 nun 3,6%. 

Comentarios
Lo más