Continúan as xornadas das Letras Galegas en El Corte Inglés
O Centro Comercial Compostela segue organizando diferentes eventos e actos que xiran arredor das letras galegas
A literatura para os mais pequenos será a protagonista, ás 11 75 rapaces do Colexio Compañía de María de Santiago, asistirán o contacontos que desenrolará Xosé A. Perozo, baseado no seu libro ‘Vanesa non quere ser princesa’, no Salón Ámbito Cultural , estará acompañado do ilustrador do conto, Jaime Asensi, quen ensinará ós rapaces cómo se ilustran os conto, cun obradoiro de ilustración.
E as 19 horas, Ánxela Gracián firmará exemplares dos seus contos para os mais pequenos; ‘Gombó e o medo á escuridade’ e ‘Gombó e a viaxe á lagoa’, na librería (planta baixa).‘Gombó e o medo á escuridade’ é un conto que conxura o medo que os máis pequenos senten cando chega a noite que os rodea coas súas mans de sombra e os fai estarrecer de medo baixo das súas fábulas. A través da aventura de Gombó e os outros animais da sabana os máis pequenos aprenderán estratexias e ferramentas para enfrontar eses temores nocturnos así como as descubertas consubstancias a toda viaxe. ‘Gombó e a viaxe á lagoa’ supón unha reflexión arredor dun dos conceptos máis importantes que os pais lles ensinan aos fillos, a aprendizaxe do medo, vista como unha forma de protección, pero tamén e, sobre todo, como un conxunto de estratexias que os máis pequenos deben adquirir para enfrontarse a unha situación de risco e saír airoso do conflito.
As actividades de conmemoración seguirán o martes, 15 ás 19 horas coa firma de ‘Vento nas velas’ e ‘Airiños aires Rosalía’ de Xurxo Lobato, na librería, e o mércores, 16, a mesma hora, recital de poesía para nenos e firma de Rosalía Morlán: ‘Canta a lúa coas estrelas’ e ‘Nas rúas de Compostela’, nesta ocasión no Hall Principal.