El Partido Popular insiste en que el Gobierno de Compostela Aberta debe agilizar los trabajos de limpieza
"O Grupo Municipal Popular considera que o Goberno de Compostela Aberta está a perder un tempo precioso que se pode lamentar unha vez cheguen as temperaturas máis altas"
El Grupo Municipal Popular presentará una iniciativa en el Pleno con el fin de que se tomen medidas para evitar incendios forestales en el término municipal de Santiago, denunciando la total dejadez de este Ejecutivo en materia de prevención. "Este Grupo municipal sorpréndese de que, xa iniciado o mes de maio, o Goberno de Martiño Noriega non teña feito nada na planificación contra incendios e, sobre todo, que teña renunciado á contribución da Xunta a través da sinatura de convenios para este fin".
"Sorprende que o Concello non teña avanzado nesta planificación específica e, sobre todo, que teña renunciado ás axudas da Xunta, que destina un total de 33 millóns de euros en tres anos, que os concellos destinan a tres finalidades: a adquisición de camións motobomba, rozas de maleza arredor de núcleos habitados e contratación de brigadas".
"Dos 313 concellos galegos, 276 e cinco mancomunidades xa teñen asinado convenios con este fin, mentres Santiago renunciou a esa posibilidade alegando publicamente o alcalde que se trataba dunha axuda pouco significativa e que era algo pouco operativo, porque o ingreso se facía en setembro fóra dun calendario eficaz para a prevención”.
El grupo que dirige Agustín Hernández insiste en que el Gobierno de Compostela Aberta debe agilizar los trabajos de limpieza y gestión de la biomasa vegetal para la prevención de incendios forestales en la franja de seguridad en el ámbito de su competencia, sobre todo, en las cercanías de los núcleos de población y en los márgenes de las carreteras y caminos municipales.
"O Concello ten a obriga de instar aos propietarios de terreos forestais enmarcados na citada franxa de seguridade a cumprir coas súas obrigas, advertíndolles das consecuencias dun incumprimento que comporta por lei a execución subsidiaria por parte da administración local. O Goberno de Martiño Noriega debe intensificar a colaboración coa Xunta, compartindo os recursos humanos e materiais, sen renunciar ás axudas que desde o Executivo autonómico se ofrecen aos municipios para contribuír a mellora dos medios dispoñibles para a prevención e loita contra o lume".
"O Grupo Municipal Popular considera que o Goberno de Compostela Aberta está a perder un tempo precioso que se pode lamentar unha vez cheguen as temperaturas máis altas, polo que resulta imprescindible unha programación que articule con dilixencia distintas medidas que incidan no control e coidado dos terreos forestais".