O programa ONDA celebrárase no mes de xullo ao abeiro das festas do Apóstolo, co obxectivo de "dar a coñecer e poñer en valor o traballo dos creadores e creadoras galegos que viven fora de Galicia, dándolle voz así aos novos emigrantes"
A concelleira lembrou que "Galicia é unha terra de emigrantes, a emigración forma parte da nosa identidade e rexorde cada vez que nos enfrontamos a unha crise, como na actualidade"