Feijóo sinala que non só se reforza un sistema que funciona e que os galegos valoran ben, senón que se prepara a sanidade pública para as vindeiras décadas
“Estamos a falar dun plan estratéxico completo para o 100% do territorio e que marcará un antes e un despois”, asegurou Feijóo, incidindo en que ata o de agora este servizo funciona só de luns a venres, alcanzando o 75% do territorio