Un 60 por cento dos proxectos seleccionados no programa transnacional Interreg Espazo Atlántico 2014-2020 contan coa participación dalgunha entidade galega, segundo reflicten os datos achegados nun seminario informativo sobre este programa organizado pola Consellería de Facenda e que se celebrou esta semana en Santiago